>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festival Música Na Noite en Calo (Teo)

(ultima actualizaci�n: 26 / 8 / 08 )






O XACOBEO, A CONSELLERÍA DE CULTURA, CAIXA GALICIA, A DIPUTACIÓN E O CONCELLO IMPULSAN O FESTIVAL MÚSICA NA NOITE


• O festival terá unha moeda propia, as Lúas, cunha equivalencia de unha Lúa por un euro

• O lugar para a acampada e para o aparcadoiro están ó carón do campo


26 de agosto de 2008. O festival Música na noite conta na súa segunda etapa con importante apoio institucional. A diferenza da primeira etapa, na que a organización era só privada, nesta segunda etapa diferentes institucións sumáronse a estes concertos organizados no campo de San Domingo, en Solláns.

Concretamente o Xacobeo, a Consellería de Cultura, Caixa Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Teo impulsan o festival no ano 2008, o ano da súa recuperación.

Música na noite está organizado pola asociación Lúa Chea, de Solláns, en colaboración co Concello de Teo. Os concertos celebraranse na parroquia de Calo este venres 29 e sábado 30 de agosto. Na primeira xornada será o momento de ver o traballo das asociacións de música e baile tradicional do Concello. O sábado subiranse ao escenario Pablo Seoane Group, A Quenlla, Berrogüeto e Zënzar. A entrada aos concertos é gratuíta.

Este ano o festival terá unha moeda propia, que se chaman as Lúas. A equivalencia desta moeda propia é dun euro por unha Lúa. Os asistentes terán que cambiar as moedas de curso legal polas Lúas para poder facer intercambios económicos no entorno do festival como a compra de comida ou bebida. O aparcadoiro, á chegada ao recinto, poderase pagar con euros, xa que sería un inconvinte para o público ter que pagar con Lúas. Como anécdota as Lúas son billetes nos que aparecen lugares destacados do Concello de Teo.

Dende a organización lémbrase que haberá zona de acampada e de aparcadoiro ó carón do espazo no que se desenvolven os concertos. No entorno do festival haberá cantinas nos que se poderá mercar bebida, churrasco, bolos preñados ou callos. Tamén se están vendendo xa camisetas co deseño do cartaz que anuncia os concertos.

Música na noite foi unha iniciativa dun grupo de mozos e mozas de Solláns, da parroquia de Calo, que naceu no ano 1987. A través da asociación Lúa Chea organizáronse dez edicións deste evento con gran éxito. O festival volve ao panorama musical coa intención de pór en valor a música de raíz galega e confrontala con outras músicas.



- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal