>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

VII FOLIADA DE MELIDE

(ultima actualizaci�n: 29 / 4 / 11 )





MOSTRA DE ARTESANÍA E EXPOSICIÓNS

Os postos de artesanía permanecerán instalados durante toda a fin de semana na
Praza do Convento. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que
abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes
tradicionais, talla de madeira, coiro… etc

CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA

O sábado 30 de abril, na primeira xornada da Foliada celebrarase o 3º Concurso de
cantos de taberna. Participarán quince formacións que percorrerán a zona dos viños
de 12:00h a 15:00h.
Cada grupo fará un percorrido por dez tabernas e serán os taberneiros os encargados
da puntuación. O grupo que ao final do percorrido obteña maior puntuación será o
gañador.
A entrega de premios será ás 18:00h na Praza do Convento coa actuación dos tres
primeiros clasificados.

GRUPOS PARTICIPANTES

1. OS TRAPEIROS (Melide)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. GRUPO VISANTOÑA (Santiso)
4. BINGO BIRÓN (Toques)
5. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
6. FIADEIRA (Antas de Ulla)
7. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
8. REVIRAVOLTA (O Pino)
9. O TRASNO (Santiago)
10. OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
11. ALÉN DO MAR (Bergondo)
12. A GHAITA DO AVÓ (Marín)
13. A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
14. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
15. A CASA DA TROULA (Rekalde)

SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA O CANTO TRADICIONAL

Desenvolverase o sábado no Edificio Multiusos en dúas sesións. Unha sesión teórica
pola mañá dirixida por Francisco Estévez “Chuco” e unha sesión pola tarde dirixida por
Roi Adrio.
O Seminario está organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e centrarase nos
instrumentos de percusión utilizados para o canto tradicional, moitas veces relegados
a un segundo plano como “instrumentos de acompañamento”.
O seminario ten como destinatarias todas aquelas persoas interesadas no mundo do
canto e da percusión galega, especialmente os seus estudosos e intérpretes.

SERÁN

O serán é o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura foi un serán, unha
reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia.
A partir do serán surxiu todo o demáis. O serán é unha festa. Uns tocan para que
outros poidamos bailar. Hai quen se inicia no baile, outros máis avanzados… “e o que
non canta nen baila, qué ven facer ao serán? Aprender catro mentiras para ir contar
mañán”. Non, tamén se pode vir a disfrutar dunha noite de música, bon ambiente na
que participarán dezaoito agrupacións musicais:

1. HERBA GRILEIRA (Melide)
2. FROITO NOVO (Melide)
3. AXÓUXERE (Melide)
4. LEIRABUXO (Melide)
5. ABEANCOS (Melide)
6. POZO PEQUENO (Melide)
7. FOL DA CHOUSA (Visantoña)
8. BINGO BIRÓN (Toques)
9. GAITEIROS DO BALADO (Toques)
10. A MARISTELA (Sobrado)
11. FIADEIRA (Antas de Ulla)
12. FALCATRUEIROS (Monterroso)
13. BICO DA BALOUTA (Agolada)
14. VARACUNCAS (Rodeiro)
15. XIRANDOLA (Bandeira)
16. PAO DE BUXO (Silleda)
17. OS DA TROULA (Cesuras)
18. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)

CONCERTOS

Na xornada do sábado, o serán dará paso aos concertos de Cé-orquestra Pantasma,
o home orquesta e Quempallou, que despois dunha década de actuacións polos
escenarios máis importantes de Galicia e da península, chegan á Foliada para presentar
o disco “Once anos mallando”. Un recopilatorio que inclúe cinco cortes de cada un dos
seus discos. Festa e folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.

Na xornada do domingo actuará Espido, o dúo formado por Guadi Galego e Guillermo
Fernández, membro de Berrogüetto. Con esta formación consolidáronse como nomes
destacados e de prestixo no panorama musical galego. Espido será a actuación que
peche a VII edición da Foliada.

ANIMACIÓN DE RÚA E PRAZAS. MÚSICA, XOGOS E TEATRO

Será un dos pratos fortes desta edición. Pasarrúas con xigantes e cabezudos
acompañados polos grupos TREBOEIROS (Galicia), RANCHO FOLCLÓRICO “OS
ROUXINOIS DO DAO” (Portugal)
Actuación dos vascos ARPELIK EZ, grupo musical que tocan trikititxas e txalapartas.
O domingo pola mañá na praza das Ichoas estarán instalados XOGOS TRADICIONAIS
coa colaboración da AGXPT. Pola tarde actuación de tetro na praza do convento con
PETER PUNK.


- Foliada de Melide- Cantos de Taberna- Quempallou- Ce Orquestra Pantasma- Espido -
- Asociación Fiadeira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal