>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXII Xornada Cultural e festa do Muiño de Fausto
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 29 / 4 / 11 )





"... hoxe case todos os muíños están parados. E alí, xunto aos ríos e regueiros que coas súas augas lles deron a forza para moer, pouco a pouco van sendo engulidos polas silvas, sabugos e ameneiros, perdéndose así o que fora o símbolo da fartura e da nosa incomparable muiñeira..." (Luis Chapela Bermúdez)
Co gallo de salvar, en palabras de Xoán Carlos Chillón "un exemplo de arquitectura popular moi representativa da parroquia", "e a recuperación do patrimonio histórico-cultural, e a dignificación dos valores do seu medio", a comezos do ano 1989 deu principiado o proceso de restauración do Muiño de Fausto.

A asociación de nais e pais de alumnos do Colexio de Castrillón, do que X.C. Chillón era profesor, e a Xunta de Montes de Coiro, escolleron este muiño, erixido no 1890 e que lle debe o nome ao do seu primeiro dono, para ser obxecto dunha restauración, grazas ao estado de conservación que presentaba e a boa disposición dos seus propietarios. Unha vez rematada a obra, coa finalidade de manter viva a obra, decidiron constituir a celebración anual dunha romería na contorna deste, organizada pola asociación cultural Cacarexo.

A primeira edición da Festa do Muiño, celebrada entre o 1 e o 4 de maio do 1990, contou con pasa rúas, charlas etnolóxicas, a proxección das curtas de Chano Piñeiro "Esperanza" e "Mamasunción" e a actuación do trobador redondelán Suso Vaamonde.

O muiño de Fausto está situado entre os barrios da Rosada e da Devesa, xunto ó río Bouzós, moi perto da fonte das Ameneiras.



Programa das XXII Xonadas Culturais, ademáis dos tradicionais elementos da festa, como son a xerra de barro, o pan de millo, as empanadas de millo, os ovos con migas, chourizos e outros productos elaborados na parroquia:

Venres 29
20:30 - Presentación no centro cultural de Coiro do "Plano-guia das árbores do entorno do Muiño de Fausto".

Sábado 30
11:30 - Festa infantil no Colexio de Castrillón, organizada pola banda de gaitas Tromentelo.
18:30 - Festival de baile tradicional no Muiño de Fausto, coa participación das agrupacións: Antoxo (Bueu), Xente Xoven (Cangas), Lembranzas da Ría (Cangas), As Tarambainas (Vigo) e Meiramar (Meira).
22:30 - Noite folc no eirado do Muiño de Fausto, coas actuacións de: Sons do Muiño, Os Chotos e Fiandola. Estes últimos han presentar o seu novo disco "Mimá".

Domingo 1
12:30 - Actuación no Muiño de Fausto da banda de gaitas Tromentelo.
13:00 - Pregón a cargo do investigador Luis Chapela Bermúdez.
15:00 - Romería popular.
18:30 - Actuación do grupo de animación infantil Tropa de Trapo coa súa obra "A viaxe das palabras", e actuación da agrupación de música tradicional Abaladoiro.
20:15 - Sorteo dun xamón e peche.


- Muiño de Fausto -
- Tarambainas- Meiramar -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal