>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

V NOITE DE FIADEIRO
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 29 / 4 / 11 )





Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir e co Patrocinio do Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. Neste 2011 cúmprese a V edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar os Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 30 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta é variada con animación, teatro, xogos, obradoiros, xigantes e cabezudos... A principal novidade introducida nesta edición é a feira de produtos artesáns, con postos de venda de todo tipo de manufacturados e viandas. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web www.noitedefiadeiro.com .

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.

Nesta nota axúntase o cartaz realizado pola ilustradora arousá Nuria Diaz, e o programa detallado. Para calquera suxestión ou pregunta o teléfono de contacto é o 639 90 80 05 (Alexandre), ou ben no correo rebulir@hotmail.com.

Sen máis, despedimos convidándovos a vir o vindeiro Sábado ata Ramirás. O noso agrademento por adiantado.


- Noite de Fiadeiro- Ramirás -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal