>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Abrese o prazo para participar no Proxecto Runas de Ortigueira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 17 / 4 / 11 )





O Festival Ortigueira busca as mellores bandas folk noveis de todo o mundo para abrir a súa edición 2011


O XXVII Festival Internacional do Mundo Celta servirá un ano máis de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos mellores grupos emerxentes do panorama folk nacional e internacional. As tres bandas finalistas protagonizarán a primeira noite do certame celta, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xullo en Ortigueira (A Coruña), competindo en directo por coarse de novo no cartel do 2012.

Como participar?

 As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira- A Coruña), ata o 28 de abril os seus catro mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de composición propia, terán que incluír un breve dossier informativo e os seus datos de contacto.

O concurso está aberto a todos os grupos relacionados co mundo folk e os países celtas. As bandas, "de calquera procedencia xeográfica", terán un máximo de dez integrantes e deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

 Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival internacional do Mundo Celta, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará, como un máis, o voto emitido polos internautas que visiten a web oficial, do 6 ao 23 de maio.

As tres bandas mellor clasificadas abrirán o Festival Ortigueira a noite do xoves 7 de xullo, recibindo pola súa participación unha remuneración para cubrir gastos de aloxamentoe desprazamento de entre 1.500- 1.800 euros, en función da distancia, os grupos nacionais, e 3.000 euros os procedentes doutros países. Con este reforzo económico preténdese redobrar a participación no concurso de grupos estranxeiros, ata o momento anecdótica.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras estes concertos, cal é a formación gañadora. Esta volverá tocar no escenario principal na edición seguinte e embolsarase por esa actuación 4.000 euros. 

 Máis dunha década de traxectoria

O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diúrna do evento, volve probar sorte en horario nocturno, tras a experiencia dos anos 2007 e 2009. Ao longo das súas once edicións anteriores, o concurso “Runas” serviu para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou a formación viguesa The Crass, que estará este ano en Ortigueira como gañadora do ano 2010.

Documentación relacionada




- Ortigueira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal