>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Concerto - Presentación Discográfica de Noitarega, "XXI"

(ultima actualizaci�n: 8 / 4 / 11 )





O vindeiro sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu último traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de carreira.

Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos máis relevantes grupos da música tradicional galega, tendo ofrecido actuacións tanto por todo o territorio español (Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, Festival Internacional de Mérida, Teatro Caixanova de Vigo, etc) como en diversos países como Portugal, Francia ou os Estados Unidos, compartindo esceario con artistas da talla de Luar na Lubre, Berrogüetto ou Susana Seivane, entre outros.

Para esta presentación, Noitarega contará con 16 convidados de luxo: Susana Seivane, Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Roberto Comesaña (Cristina Pato), O Fiadeiro (con Miguel Souto, María Prieto, Carmen Pérez e Berto Costas), Pandeireteiras Grialia (Laura Vila, Patri Sobreira e Sara Abalde), Coral Lago (Gaideón), a mezzosoprano Nuria Lorenzo (directora do Coro Universitario de Vigo) e Silvia Costas.

Sen dúbida, unha cita ineludible para os amantes e seguidores da música tradicional galega.








- O Fiadeiro -


NOVAS RELACIONADAS:



Entrevista con Xosé Oliveira, do grupo folk Noitarega.
http://www.telecidade.com/television/video/noitarega/308/29








«Estamos no equilibrio entre a tradición e o folk máis renovado»
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/04/05/0003_201104V5C6992.htm


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal