>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Arte Fresca do Dí­a na Praza de Abastos de Pontevedra
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 7 / 4 / 11 )





INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS
NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTEVEDRA

.
Arte fresca do día son actuacións de diversas disciplinas artísticas adaptadas especialmente ao espazo do Mercado da zona vella de Pontevedra. Seis mañás adicadas á danza, teatro, circo, palabra, circo e, por suposto, música. A arte noutros lugares de representacións, novos ámbitos para a arte, novas costumes para o comercio.

:)

Seis venres -tres de abril, tres de maio- nos que se dan a man o NOVO CIRCO de Pista Catro facendo malabares cos repolos, a POESIA de Maria Lado, Lucia Aldao e o espazo sonoro de IgMig coas caixas de froita; a DANZA e TEATRO con A Artística e a intervención "Des-memoria-2" entre as flores; a música do Combo Tradicional da Escola Livre da MPG e o Dúo Fdez. & Quintá ao lado das peixeiras ; a ORALIDADE de Paula Carballeira e Celso Sanmartín contando contos e chourizos.

Entrar nun mercado de abastos é unha experiencia para os sentidos e unha das mellores probas antropolóxicas urbanas.

A palabra abasto ten que ver coa suficiencia, coa provisión de cousas necesarias, especialmente do alimento. Por isto, abrir unha praza de abastos á expresión artística é a redundancia do pracer.

Xúntase o alimento do corpo co alimento do espírito, lonxe da concepción decimonónica do monumento como edificio morto e unidireccional.

Deste xeito, quen acuda ao mercado de abastos de Pontevedra nestes días terá boa proba da arte, do amor e da vida, porque Pontevedra, a "boa vila", non só dá de beber a quen pasa, tamén convida a comer e, sobre todo, a gozar no nome da arte.

Exitosas cadeas de supermercados ofrecen nos seus departamentos de atención ao cliente asesoramento dos nosos desexos: vivamos como galegos, sexa vostede feliz e coma sensacións envasadas con sabor a liberdade.

Fronte as áreas comerciais, as prazas de abastos recuperan a súa función simbólica, social, económica e cultural dunha cidade. Protagonistas da recuperación da cidade viva, persoal, comercialmente xusta, socialmente equitativa, diversa, xeradora de emprego estábel, creando un circuíto financeiro local.
Textos

flecha flecha Gonzalo Vázquez

Gonzalo Vázquez

ARTE, AMOR E VIDA

"Pasé frente al Nocturno y la vida había pintado unos carteles... Pregunté en una esquina por la hora, y en la bolsa del hombre que me dijo la hora iba la vida, junto con su almuerzo... Hoy dejaré las puertas y las ventanas de mi casa, abiertas..."

Alfredo Zitarrosa

Entrar nun mercado de abastos é todo unha experiencia para os sentidos e unha das mellores probas antropolóxicas urbanas. A vida dunha cidade pódese medir, cuantitativa e cualitativamente, polo funcionamento, pola presenza ou pola ausencia do seu mercado de abastos, así como pola afluencia e tipo de persoas que o visitan.

A palabra abasto ten que ver coa suficiencia, coa provisión de cousas necesarias, especialmente do alimento. Pero non só. Calquera que se adentre nun destes mercados poderá saber que un dos adxectivos que mellor lle acae aos produtos que se venden é o de fresco, porque é un dos lugares onde a frescura dos seus produtos chama explicitamente pola terra e o mar que os produce.

Ademais, esta frescura tamén se atopa no trato e convivencia das persoas que interactúan nestes mercados tradicionais, os cales, ademais, foron desde sempre un lugar de intercambio de información de carácter oral e onde o contacto físico coa súa atención persoal contrasta coa despersonalización dos lugares de compra hipermodernos, onde a palabra -case exclusivamente- sempre aparece a carón dun código de barras, en detrimento do contacto físico.

Podemos fixarnos en moitos eventos culturais e artísticos que ultimamente prolongan e expanden a vida interior destes centros de venda de produtos, pero non debemos esquecer que a arte estivo ligada desde sempre a este tipo lugares de consumo e outros similares como, por exemplo, as feiras ambulantes, onde xa os xograres na Idade Media atopaban a ocasión para interpretar as poéticas musicadas ou, máis tarde a proliferación dos cantares de cego, cuxas expresións artísticas, cómpre dicir que tiñan un compoñente máis performativo do que una caixa de plástico, quero dicir, máis fresco.

O gusto é o sentido principal do alimento, e este foi concedido para uso metafórico en materia da arte, pois é na arte coma na alimentación, onde a percepción se mistura co sentido do obxecto, é dicir, a interiorización para medrar, coidarse e fortalecerse, tanto física como intelectualmente. Por isto, abrir unha praza de abastos á expresión artística é a redundancia do pracer. Convocar o gusto e a beleza no mesmo espazo para o goce dos corpos que o habiten no momento, na máis profunda estética do non-lugar.

Por isto, sempre compartín con Joseph Beuys que a vida é unha forma de expresión artística, e ademais creo, que o amor e o alimento son esenciais para esta. Do mesmo
xeito, é esencial conceder o dereito a calquera persoa a diferir respecto ás súas preferencias sobre os gustos e sabores físicos, como afirmalos e reivindicalos, como fago ao dicir que sinto un profundo gusto porque a arte teña o seu lugar na rúa, na praza ou onde teña lugar a vida…

Na liña difusa da fronteira entre a necesidade e o pracer, entre a vida e a arte, saciar é unha acción que non termina, como a palabra na boca do poeta, coma a viaxe na fronteira, como o renacer do apetito. Deste xeito, quen acuda ao mercado de abastos de Pontevedra nestes días terá boa proba da arte, do amor e da vida, porque Pontevedra, a boa vila, non só dá de beber a quen pasa, tamén convida a comer e, sobre todo, a gozar no nome da arte.

[-]

flecha flecha Rosa Bugallo

Quen está de última?
Cuarto e medio de versos frescos, por favor.

O " Super": escenario onde nos abastecemos co espectáculo de productos anti, mega, hipo, proteicos, diuréticos, con ou sen conservantes, de duración ilimitada na neveira, envasados ao baleiro, colocados estratexicamente, brillantes, colorados, descolorados. En promoción, acreditando marca, tras unha laboriosa investigación....


Ofertas do día: medio quilo de liberdade fresca antioxidante. Exitosas cadeas de supermercados ofrecen nos seus departamentos de atención ao cliente asesoramento dos nosos desexos: vivamos como galegos, sexa vostede feliz e coma sensacións envasadas con sabor a liberdade mariña...de Chile, que é mais pequena, ocupa menos espacio e ofrecémola máis barata. Vantaxes para o cliente.

Do que se compra se cría.

Fronte as areas comerciais, as prazas de abastos recuperan a súa función simbólica, social, económica e cultural dunha cidade. Protagonizan a recuperación da cidade viva, persoal, comercialmente xusta, socialmente equitativa, diversa, xeneradora de emprego estable, creando un circuíto financeiro local. As prazas de abastos recuperan o modelo comercial tradicional, os produtos frescos e de confianza, as relacións persoais, o artesanado, as siñas de identidade local e cultural.

Fortalecen a relación; produto local-comercio local. Do que se compra se cría... e nos sabemos comprar. Cuarto e medio de versos frescos, por favor e un quilo de patacas novas, repolo de .. ah! e cebolas.

[-]

flecha flecha Ugia Pedreira

"Vida é o que vai passando mentras un/uma empenha-se em fazer coissas."
John Lennon

A primavera na Praza de Abastos de Ponte Vedra chega cheinha de arte para acolher, apreciar, entusiasmar e recuperar todas as sensazons havidas e por haver. Xunta-se o alimento do corpo co alimento do espíritu longe da concepzom decimonónica do monumento como edifício morto e unidirecional. Na Praza de Abastos de Ponte Vedra durante 7 venres dam-se a mao diferentes formas de vida e costumes. Por desgracia jà nom comemos comida nem abrimos o coração á pureza das artes senom que comemos images e símbolos. Bastar, é que algo che resulta suficiente. Conhecer as nossas necessidades á hora de comprar e disfrutar da praza é un ato de responsabilidade individual diária. Ir á Praza de Abastos é recuperar o trato pessoal é um ejercício de escuita, de ser e de estar. Abandonar a relazom com a tendeira é fechar uma porta á realidade.

Abandonar um bem significa descoida-lo. Abandonar a alguem significa desampara-lo. Abandonar o nosso contexto e nom sentir a terra ou o corpo é terrivel, menos mal que as elefantas e as baleias anticipam-se aos sismos, nós nom.

[-]

Programa

venres, 8 de abril

Hora: 11:00

venres, 15 de abril

Hora: 11:00

venres, 29 de abril

Hora: 11:00

venres, 6 de maio

Hora: 11:00

venres, 13 de maio

Hora: 11:00

venres, 20 de maio

Hora: 11:00

Documentos

icon



- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal