>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

PLAY-DOC ABRE CINCO INTENSOS DÍAS DE CINEMA COA PELÍCULA DE CARLOS NÚÑEZ BRASIL SOMOS NÓS
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 31 / 3 / 11 )





O artista vai á procura das súas raíces musicais na película, que presentou
hoxe na gala de inauguración do festival, na que agasallou aos asistentes
con varias pezas en directo do seu último disco, Alborada do Brasil


O Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui inaugurouse hoxe
cunha gala ás 9 da noite na que Carlos Núñez foi o principal protagonista. O músico galego presentou Brasil
somos nós, un documental sobre o proceso creativo do seu último disco, Alborada do Brasil, no país carioca.
Logo de introducir as claves do filme, tocou varios dos temas deste álbum despois da proxección da película.
Os directores do festival, Ángel Sánchez e Sara García, incidiron na oportunidade que dá Play-Doc de
explorar formas alternativas de facer e ver cinema, nun xénero tan híbrido coma o documental, que ofrece
tantas posibilidades de experimentación. García dixo estar orgullosa dos resultados a pesares de ser este “un
ano difícil”. “A programación que logramos sitúa este festival á altura dos mellores”, explicou, para engadir
despois que polo tipo de filmes “fóra do comercial, de difícil acceso”, que se pasan no certame, é “esencial
facelo dende a periferia”. En resumo, Play-Doc “é un festival de proporcións pequenas no que ocorren
cousas moi grandes”, concluíu García.
Pola súa banda, Sánchez engadiu que o festival pasara por graves dificultades económicas e que ata pensaran
en verse obrigados a suspendelo. A este respecto, agradeceu o apoio dado polas institucións, mais pediu un
maior esforzo tanto ás entidades públicas como privadas para manter un festival con tanta “proxección
internacional” e ao mesmo tempo tan “fráxil”.
Á gala asistiron tamén o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, o director- xerente do
Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla Louzao, o director de Agadic, Juan Carlos Fernández
Fasero, e o alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha. Varela explicou que “hai que apoiar festivais con
singularidade” coma o Play-Doc e quedou abraiado pola “reacción do público”, que acudiu un masa ao
evento como cando asistira xa o ano pasado, indicando que está é unhas das razóns para investir nun evento
que “trae aquí a cultura de fóra e exporta a nosa ao exterior”.
O Teatro Municipal quedou ateigado de asistentes (1.000, todo o aforo) que acudiron ver tamén o filme de
Oliver Laxe Todos vós sodes capitáns na sesión seguinte. Esta película, gañadora en Cannes do premio
Fipresci, abriu unha sección oficial na que once títulos chegados de todo o mundo, e que supoñen unha
selección das últimas tendencias do mellor cinema documental contemporáneo, competirán por premios con
valor de 7.000 euros ata o 3 de marzo. A cinta explica o proceso de traballo do director cun grupo de rapaces
da rúa nun obradoiro de cinema organizado en Marrocos. É un exercicio estético de alto nivel, así como unha
reflexión sobre o cinema etnográfico, entre tantas outras cousas, realizado por un autor con ollada propia, o
que sitúa a Laxe como un dos directores a seguir no novo panorama do cinema español.


- Carlos Núñez -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal