>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Cristina Pato comeza en Harvard University a xira con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble

(ultima actualizaci�n: 23 / 3 / 11 )





O 24 de Marzo Cristina Pato comeza unha xira con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble polos EEUU que a levará aos mellores auditorios do país. O pistoletazo de saída será no Sanders Theatre de Harvard University o día 27 de Marzo aproveitando a ocasión para presentar o proxecto que o Silk Road Ensemble desenvolverá durante os próximos cinco anos en Harvard University.
Na xira visitarán auditorios como o Walt Disney Concert Hall de Los Angeles, o Wortham Theater de Houston ou o Orpheum Theatre de Vancouver, nun total de dez concertos en vinte días.
O repertorio escollido para esta ocasión inclúe dende arranxos de pezas tradicionais chinesas, iraníes ou galegas así como obras de compositores como Osvaldo Golijov. Na xira presentarán o repertorio do disco Off the Map, nominado para os Grammy 2010. Para esta xira Cristina escribiu unha versión de dous temas tradicionais galegos para gaita, sakuhachi, cuarteto de corda e percusión.
Cristina Pato forma parte do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma dende o ano 2006.
Ademáis a gaiteira acaba de regresar da súa xira pola India onde periódicos como The India Times ou The Hindu recolleron o éxito obtido con Sandeep Das e o Hum Ensemble.

TOUR Yo Yo Ma and Silk Road Ensemble:
Marzo 27: Cambridge, MA -Sanders Theatre - Harvard University
Marzo 28: Austin, TX - Bass Concert Hall, University of Texas
Marzo 30: Dallas, TX - Morton H. Meyerson Symphony Center
Marzo 31: San Antonio, TX - Majestic Theater
Abril 2: Houston, TX - Wortham Theater Center
Abril 4: Los Angeles, CA - Walt Disney Concert Hall
Abril 6: Berkeley, CA - Zellerbach Hall
Abril 7: San Francisco, CA - Davies Symphony Hall
Abril 8: Davis, CA - Mondavi Center, Jackson Hall
Abril 10: Vancouver, BC, Canada - Orpheum Theatre


- Cristina Pato -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal