>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

A gaita galega volta cara a India da man de Cristina Pato e o mestre da tabla Sandeep Das - Cristina Pato

(ultima actualizaci�n: 19 / 2 / 11 )





Cristina Pato comenza unha nova xira pola India invitada polo Hum Ensemble e Sandeep Das. A xira, que tamén conta cos percusionistas Shane Shanahan e John Hadfield (EEUU) e a estrela do Sheng chinés Wu Tong, comenzará o 19 de Febreiro no prestixioso Siri Fort Auditorium de Nova Delhi para logo viaxar a ciudades como Bangalore o Mumbai onde rematan a xira o 26 de Febreiro no Neruh Center de Bombay. O repertorio inclúe músicas de China, India, Galicia e EEUU.
Cristina Pato, Sandeep Das e Wu Tong son membros do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma, xuntos xa traballaron en escenarios como Carnegie Hall, Philadelphia Mann Center, ou United Nationse xuntos lograron a última nominación aos Grammy co seu disco "Off the Map".


O Hum Ensemble é un colectivo de músicos indios dirixidos polo maestro da tabla Sandeep Das coa idea de unir culturas a través da música HUM (Harmony and Universality through Music).


- Cristina Pato -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal