>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Foro Musical Percebe Son
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 9 / 2 / 11 )





O próximo xoves 17 de febreiro de 2011 terá lugar en Vigo o "Percebe Son",
foro musical, cultural e de entretemento organizado polos alumnos de 2º
de Producción Audiovisual do I.E.S. Audiovisual de Vigo (avenida Eduardo
Cabello, s/n, Bouzas, xusto detrás do Instituto de Investigacións Mariñas-
CSIC).

O foro “Percebe Son” nace ante as inquedanzas culturais e musicais do
Equipo de Normalización Lingüística do I.E.S. Audiovisual de Vigo e dos
alumnos de 2º de Produción Audiovisual, de Radio e Espectáculos. Entre
os obxectivos do foro están o de pór en contacto aos músicos máis novos
con outros de consolidada traxectoria, así como dar a coñecer ao público
bandas que están a comezar e crear un espazo no que todo o mundo se
sinta cómodo e animado á participación.

"Percebe Son" contará con diversas actividades durante todo o día. Pola
mañá unha charla coloquio sobre música galega presidida por Xurxo Souto
ex-líder e vocalista de Os Diplomáticos de Montealto e líder da banda Os
Tres Trebóns, presentador de televisión e locutor de radio. A continuación
gravarase no estudio de radio da escola o programa "Planeta Furancho" de
Radio Galega Música que será emitido ás 23:00. Xa pola tarde impartirase
un obradoiro de creación musical e haberá unha exhibición de videoclips de
música en galego e unha sala habilitada para cantar no "Galeoke" o karaoke
galego. E para rematar a xornada, terán lugar o concerto acústico de Ataque
Escampe na Sala de Exhibicións e os concertos de Som do Galpom e Raiba
no Auditorio do I.E.S. Audiovisual de Vigo.

Para máis información e próximas confirmacións: percebeson@gmail.com e
http://percebeson.wordpress.com














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal