
A Asociación ORAL de Galicia convoca este obradoiro baixo o título de Improvisación teatral aplicado á regueifa e actución pública que será impartido por profesionais de Impromadrid nas instalacións do CVC Valladares no Centro Sociocultural do Pedregal durante os días 5 e 6 de febreiro .
HORARIOS: Sábado 5: de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas Domingo 6: de 10,30 a 14,30 horas e de 16,00 a 19,00 horas O número máximo de alumn@s é de 15 O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de febreiro (xoves) ás 21,30 no teléfono 986467053. O prezo da inscrición será de 25,00€ e nel está incluido o xantar dos dous días. Os participantes farán posteriormente unha demostración aberta ó público o mesmo día 6 de 19,00 horas a 20,30 horas no Auditorio do CVCV. Máis información sobre a regueifa na Web www.regueifa.org Máis información sobre impromadrid na Web: www.impromadrid.com Os interesados farán efectivo o pago ó seu nome no nº de conta da Asociación.
|