>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Programación Febreiro 2011 na Casa das Crechas
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 1 / 2 / 11 )





Martes día 1 ás 22h30 (entrada 3€)

Les Trois de Cora

O noso espectáculo “Les Trois de Cora: de Belleville à Pigalle” propón unha viaxe polo tempo e polo espazo. Constrúese fundamentalmente sobre a fusión entre música e teatro. E unha boa oportunidade para o público de achergarse por unha parte á chanson française e aos seus artistas máis representativos, así como de coñecer anécdotas curiosas sobre os barrios da cidade das luces.


Luns día 7 ás 22h30 (entrada 3€)

Yoni Mediogramo

Un espectáculo PolitoxiCómico de humor salvaxe escrito e interpretado por Juanillo Esteban (A Coruña).
YONI é un bufón urbano que pon en escena un monólogo delirante baseado nas súas tráxicas experiencias no mundo das drogas.
Un espectáculo para persoas adultas e inteligentes.
Tes que coñecer a YONI antes de que done o seu corpo á CIENCIA-FICCION !!!


Martes día 8 ás 22h30 (entrada 3€)

Kana Kaiana

O objectivo está claro: mover-se! O trio brasileiro formado por Paulo Silva, Sérgio Sales e Fábio Bão faz música para divertir, dançar e extravasar, misturando os ritmos brasileiros Baião, Forró, Sambalanço e Afoxé aos ritmos mais internacionais como o Reggae. Os autênticos representantes da MPB: Musica Para Balançar.


Venres día 11 ás 19h00 (entrada por invitación)

Presentación

 

GV. Atelier de moda.

Arte, moda e vangarda. Esta é a síntese coa que o deseñador Gonzalo Vázquez define o seu proxecto artístico GV. Unha liña de vestiario que nace e se consolida no eido das artes escénicas con arriscadas propostas de atrezzo e vestiario para a música e o teatro e que agora se presenta como un traballo único e artesán para todos os públicos.
Talento e identidade creativa son as novas premisas que conforman o novo paradigma da moda galega neste ano 2011.



Luns día 14 ás 22h30 (entrada 3€)

Sons do Coração

Voces da Galiza, Brasil e Portugal celebran o San Valentín cantándolle ao corazón: Isabel Leal, Uxia, Najla Shami, Sérgio Tannus, Inês Salselas, Magín Blanco, Fred Martins, Serginho Sales...


Luns día 21 ás 22h30 (entrada 3€)

Aline Frazão & Marco Pombinho "Canções para Luiza"

Basta um piano e uma voz para começar essa viagem pela bossa-nova, pela MPB e pelo Jazz. O pianista português Marco Pombinho e a cantora angolana Aline Frazão recebem-nos a bordo desse barco rumo a terras do sul com "Canções para Luiza": uma homenagem a Tom Jobim, Chico Buarque, Djavan, João Gilberto e outros gigantes da música brasileira.


Martes 22 ás 22h30 (entrada 3€)

Noitarega

Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Grupo formado no ano 1989 que, precisamente para conmemorar o seu vixésimo primeiro aniversario, acaba de editar "XXI", o seu novo traballo discográfico, un disco que conta coas colaboracións musicais de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos (Crema de Gaita), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís "O Caruncho", entre outros.




- Casa das Crechas- Noitarega -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal