>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 24 DE AGOSTO

(ultima actualización: 23 / 8 / 08 )






As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, contacontos, e concertos pola noite.

O INCIO, a 20 de agosto de 2008. Por sexto ano consecutivo, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de requinteiros A Requinta da Laxeira, que fará un percorrido polas rúas da vila e ata o lugar do festival. Alí se celebrará un xantar popular ao que se conta que asistan máis de 400 persoas.
Os obradoiros de animación, con xogos para os cativos, e tamén para os maiores, compartirán a sobremesa coa música tradicional a cargo do grupo de requintas e os gaiteiros espontáneos. Máis tarde virá a actuación do contacontos Celso Fernández. Segundo un dos organizadores, Nemesio Pérez, as actividades son do máis diverso posible e para todos os públicos xa que “queremos que todo o pobo se involucre na festa”.
O prato forte do festival comezará as nove da noite coa actuación do grupo A Turre´s Band, ao que seguiran Os Tres Trebóns e Ultraqäns. Deste xeito poderanse comprobar tres xeitos moi distintos de ver a música en Galiza. Dende os mellores clásicos para metais revisados pola “banda do torreiro” de Mos, pasando pola forza vital da música reivindicativa dos Tres Trebóns ata chegar a unha nova proposta sonora co spiz-folq de Ulträqäns.
O festival que se celebra no Incio leva o nome que o finado escritor Ánxel Fole lle daba a estas terras nas que viviu unha tempada, a Terra Brava. Este é tamén o título dun dos seus libros, no que se refire en varias ocasións aos costumes e paisaxes do lugar. Curiosamente, a festa lévase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende O Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor, ao final da rúa Ánxel Fole dedicada na súa memoria.



- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal