
Azou desembarca este fin de semana en Rianxo, Cangas e Oleiros. Celebraranse obradoiros de Hip Hop, impartidos por Serxio Regos “García” de Dios Ke Te Crew, e porase en escena a proposta musical do grupo Azou.
A idea e o espectáculo xiran en torno ao proceso de creación dunha banda de música formada por dúas mozas e un mozo. Os protagonistas, cheos de enerxía e talento, cantan, bailan e poñen en escena unha proposta única que, facendo uso das últimas tendencias tecnolóxicas, mestura imaxes, sons e animacións.
Azou é o proxecto musical de dinamización lingüística dirixido principalmente a rapaces entre 12 e 16 anos, baseado nas redes sociais, e integrado no Programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Próximos obradoiros e concertos Rianxo 21/01/2011 Cangas 22/01/2011 Oleiros 23/01/2011 Vilalba 28/01/2011 Ribadeo 29/01/2011
|