>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación oficial do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN

(ultima actualización: 20 / 1 / 11 )





O sábado, 22 de xaneiro, a partir das 8,00 do serán, terá lugar no Centro Cultural de
Vincios, no concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional
CANTARES DO BRIÓN, con apadriñamento a cargo do histórico Coro CÁNTIGAS
DA TERRA.
Dous anos despois da súa constitución, e despois de actuar en distintos eventos, como o
Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente
celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, CANTARES DO
BRIÓN, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e
onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu
Centro Cultural.
Cántigas da Terra, con case cen anos de existencia, colleitou importantes éxitos, entre
eles na súa intervención no Festival de Lorient no pasado ano.
Nesta actividade, á que están invitadas as máis altas autoridades da cultura, académicas
e políticas, como o público en xeral, con entrada libre, os coros citados: Cántigas da
Terra e Cantares do Brión interpretarán pezas do repertorio popular e tradicional de
Galicia.
Dentro da actuación de Cantares do Brión, vai ser gravada en directo unha peza que o
grupo Zurrumalla incluirá nun disco de próxima aparición.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal