>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Boletín de Ouvirmos (Agosto´08)

(ultima actualización: 23 / 8 / 08 )


 

 

 

Se non ve correctamente este boletín, prema aquí. Aquí

Boletín nº19 Agosto 2008

 

 

Ourense: das músicas do Paraíso ao rock de
Los Suaves.

 

Ouvirmos vén de publicar un novo itinerario histórico musical que nos invita a facer un percorrido a través dos espazos e os sons da historia de Ourense.

Con este roteiro adentraraste na catedral para atopar o maior tesouro musical da cidade, revivirás na praza Maior a gran festa do Corpus Christi e sorprenderaste coa fermosa portada da casa dos Cadórniga e a súbita aparición da igrexa de Santa Eufemia.

Poderás desfrutar ademais da música interpretada por nomes que forman parte da banda sonora da cidade, como Faustino Santalices, o Coro de Ruada ou Los Suaves no CD que acompaña o libro. Disponíbel nos puntos de venda habituais.


Ruta de viaxe pola memoria musical de Vigo.

O itinerario histórico musical de Vigo ofréceche un paseo polo patrimonio cultural da cidade olívica a través de 26 puntos de interese.

Con esta viaxe achegaraste ao son das ondas do mar de Vigo coa lírica medieval do trovador Martim Codax e regresarás a porto para escoitar os fandangos, malagueñas, valses e polcas no Derby Bar.

Tamén poderás revivir a movida, que na década dos 80 situou a cidade na vangarda musical do Estado, e observar os primeiros pasos dos gaiteiros vigueses Budiño e Carlos Núñez, que contribuíron a renovar o folk galego nos anos 90. Como o resto da colección, este Itinerario está presentado en formato libro-disco e xá está nas librarías.


"Sóache Galicia". As visitas musicais do verán.

A campaña "Sóache Galicia" estreou este verán unha nova forma de coñecer o patrimonio: a visita musical. Durante os meses de xullo e agosto, Celanova, Rianxo, Mondoñedo e Pontevedra ofreceron a veciños e visitantes este orixinal servizo.

As catro localidades puxeron a disposición do público audioguías gratuítas en MP3 con explicacións en galego, castelán e inglés dos enclaves máis destacados do seu patrimonio artístico e musical.

"Sóache Galicia" é un proxecto de Ouvirmos para a Dirección Xeral de Turismo, e conta coa colaboración dos Concellos implicados nesta promoción.


ouvirmos | en movemento | catálogo | encomenda | ligazóns

 

 

Ouvirmos S.L. - Vade nº4 - Vila Maior. E-27613 - SARRIA (Lugo) - Galiza (U.E.)
Se non desexa recibir máis información deste tipo, envíe unha mensaxe de baixa.

 

 
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal