>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

CONVIVIO MUSICO-CULTURAL Italia-Galiza
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 18 / 12 / 10 )





aCentral Folque recebe esta fin de semán ao grupo A Voce Stesa de Campania e aos programadores do Festival de Miolati. Están organizados un convivio cos alumnado da ELMPG, un xantar musical e un concerto para esta finde semana.

Dia 18 decembro
Xuntanza con alumnado de percusión e canto na Escola Livre da MPG ás 18h. no CSC de Pontepedriña.
Dia 19 decembro
Xantar musical no Heicho de Dar Queridiña de Soutomaior.
Dia 20 )ecembro
Concerto na EOI de Ourense.



A Voce Stesa
É un proxecto para dar a coñecer e difundir o folklore da Campania, especialmente os de Lattari. Esta zona de Italia -na costa do Mar Tirreno con Nápoles coma principal cidade- ten unha fonda tradición de baile e canción acompañados dos pandeiros e ritmos básicos, que tanta familiaridade ten coa música galega. Os membros do grupo veñen de zonas moi vencelladas ás súas tradicións, e manteñen un traballo de investigación nas fontes orais, base para un revival sencontaminacións, baseado no son eficaz e profundo das cancións tradicionais.

Voz, pandeiros, birimbao, castañolas.... pequenos instrumentos tradicionais e efectos sonoros que reproducen o son natural axeitado para o contexto rural da música que interpretan. Ademais do repertorio de música de baile tamén interpretan cancións de traballo, oración, serenatas, cantigas de nenos, etc...

O grupo leva bastantes anos de investigación e sólida formación participando en varios festivais tradicionais de Italia coma o Lamarca Folk de Ancona, Creative de Salerno, Abbruzzo,Kodex en Reggio Calabria, Giugliano, Somme Vesubio, Pimonte, Terzigno, Scafati, Pagani, etc...


Soen actuar con colaboracións a miúdo pero o cerne do grupo é:


RAFFAELE INSERRA Tambor de mao "tammorra".
CATELLO GARGIULO voz, harmónica, percusión.
HIRAM SALSANO voz, castañolas, danza.





- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal