
Hoxe, 9 de decembro de 2010 a partir das 17:30 levarase a cabo no Museo MARCO de Vigo o espectáculo “Tatatachán!”. Un festival de maxia, títeres e humor por unha boa causa: axudar económicamente á Protectora de Animais O Jaticán. Trátase dun espectáculo para toda a familia no que colaboran desinteresadamente entre outros o contacontos Héctor Senra, o mago ilusionista Eloy Toucedo, a titiriteira Lucía Blanco e a clown Diana Ferreira co seu grupo Teatrès que divertirán aos asistentes de todas as idades. Este festival, organizado polos alumnos de Produción de Espectáculos do IES Audiovisual de Vigo pretende divertir e á vez concienciar á sociedade viguesa sobre a marabillosa labor que realiza a protectora O Jaticán, fundada en Vigo no ano 2005, que carece de subvencións públicas e que subsiste coas aportacións dos seus socios, voluntarios e colaboradores. Ademáis de desfrutar das actuacións os asistentes poderán mercar Lotería de Nadal, calendarios para o novo ano realizados polos membros de O Jaticán e coñecer aos traballadores da protectora. Ao final do espectáculo sortearemos dous agasallos sorpresa entre os asistentes cedidos pola libraría e xoguetería viguesa “A Pita Cega” e o centro de lecer “Tatarina”.
|