
As Bibliotecas Municipais organizan un obradoiro, dirixido polo grupo Mamá Cabra, para nais e pais que esperan un bebé ou acaban de telo, e queren recibilo con arrolos, nanas, contiños, aprendendo a contarlles e cantarlles desde o primeiro día. O único material necesario é levar un instrumento de percusión (pode ser caseiro e sinxelo: maracas, tambor, cunchas, botellas, morteiro, ...). O número de prazas é de 20 adultos, e a inscrición pódese realizar desde o luns 29 de novembro até o sábado 11 de decembro en cada unha das Bibliotecas Municipais. Os obradoiros realizaranse nestas datas e lugares: - 13 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal de Monte Alto. - 14 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal de Castrillón. - 15 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. - 16 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. - 18 de decembro ás 12:00 h. na Biblioteca Municipal dos Rosales.
|