>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO PÉ’
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 27 / 11 / 10 )





A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra.




Textos: MERCEDES PRIETO e MONTSE RIVERA
Prólogo: SUSA HERRERA
Ilustracións: JOÃO VAZ DE CARVALHO
PESDELÁN: Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera,
Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores, Amando Gottardi
COLABORACIÓNS: Bea Díaz, Guadi Galego, Pedro Pascual,
Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Miguel Barriga,
Patricia Rivera, Julián Romero, Iago Carro, Mariña Vidal,
Jairo Quitiá, familia Paz Noya, Centro Cultural A Ponte Vella,
Concello de Teo, Fundación Cidade da Cultura de Galicia



“Na punta do pé” é un libro-CD-DVD que anima a
aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio
tradicional galego e portugués dun xeito ameno,
divertido e participativo. Comprometidos coa
recuperación da cultura lúdica e activa das festas e
verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á
creación desta obra para que sexa compartida por
público de todas as idades, logrando ademais un
material cunha potente dimensión educativa para o
seu aproveitamento nas aulas.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e
mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con
arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4
versións instrumentais para seren cantadas. O DVD
contén explicacións dos pasos e demostracións dos
bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para
enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.
Pesdelán xorde en 2008 da unión de prestixiosos
músicos, bailadores e mestres de coñecidas
formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía,
Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai,
Pula-lle-o-pe). Trascendendo o concepto do grupo
musical convencional, Pesdelán fai unha proposta
novidosa e atrevida, valéndose da música en vivo e
do ensino de xogos e bailes sinxelos, substituíndo a
idea do público espectador e pasivo pola dun público
activo e participante, e pasándoo ben.
João Vaz de Carvalho (Fundão, 1958) é un dos
ilustradores máis relevantes do actual panorama
artístico en Portugal, cunha traxectoria inzada de
premios internacionais. A súa achega plástica
apórtalle colorido, frescura e simpatía a esta obra
multidisciplinar.


- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal