>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Suspéndese o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 25 / 11 / 10 )





A Xunta de Galicia negoulle o apoio económico a Asociación de Gaiteiros Galegos para a celebración do Congreso de ensinantes de Música Tradicional que se viña realizando dende os últimos anos

A Asociación de Gaiteiros Galegos, que organizou entre os anos 2006 e 2009 catro edicións do congreso, vese obrigada a suspender a V edición do Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de apoio económico. Logo de que a xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reunións con altos cargos do actual goberno galego e co propio conselleiro de cultura, e vendo a total falta de apoio pola súa parte, viuse obrigada a suspender a que sería a V edición do Congreso, que tiña previsto celebrarse os días 3, 4 e 5 de Decembro en Santiago de Compostela.

As distintas edicións do Congreso de ensinantes de música tradicional, que reuniron nas cidades de Santiago e Lugo a preto de 1000 congresistas, convertéronse nun referente único en toda Galiza e no Estado. Nas catro edicións celebradas poideronse escoitar relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos, ou comunicacións, obradoiros prácticos e mesas redondas onde se debateron temas relacionados coa música tradicional. En todas as edicións prácticamente se completou o aforo de prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que xurdiron das distintas exposicións, que deron a posibilidade a todos os asistentes de acceder aos recursos e coñecementos necesarios para cumprir coa súa función docente ou divulgadora no marco do sistema educativo galego.


- Asociación de Gaiteiros Galegos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal