>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tres días de música sen pausa, no Culturgal
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 25 / 11 / 10 )





Culturgal (Programación musical)


Venres 26, sábado 27 e domingo 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entrada gratuíta


Descargar o programa musical detallado

Os novos ritmos brasileiros, un sorprendente fado alegre, tradición e innovación coa gaita, música armenia, pop de autor... son algúns dos sonidos que compoñerán a particular banda sonora da Feira das Industrias Culturais. A música anegará tamén todos os espazos do Culturgal 2010, desde a recámara, ata o patio, o faiado, o cuarto dos nenos e o estudo.


MÚSICA NA RECÁMARA
Galicia.br
Venres 26 de novembro ás 21 h
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: Entrada gratuíta previa retirada na billeteira
Os convites pódense conseguir, por rigorosa orde de solicitude, na billeteira do Pazo da Cultura o venres de 11 a 14 e de 17 a 21 h


Culturgal ten na recámara dúas noites de música e diálogo intercultural. Os espectáculos Galicia.br e Galicia.pt xuntarán no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura artistas galegos, brasileiros e portugueses.

O venres chegarán da outra beira do Atlántico dous artistas revelación de Minas Gerais, Érika Machado e Kiko Klaus. A partir das 21 h experimentarán un estimulante intercambio artístico co novo espectáculo do coñecido humorista galego Carlos Blanco, que presenta Ordem e progresso, unha ollada ao Brasil acompañada da cadencia do pandeiro e do cavaquiño do Sergio Tannus Trío.

Érika Machado de nena soñaba con ser científica, formouse como artista plástica e, aínda que adoraba cantar, nunca pensou acabar levando vida de carricanta. Comezou facendo música como parte de proxectos artísticos de intervención urbana. Un deles, O Baratinho, gravado no seu propio cuarto, fixo barullo abondo para que en 2006 lanzase o seu primeiro disco de verdade, O Cimento, producido por Pato Fu. A Pontevedra chega cun novo lanzamento, Bem Me Quer Mal Me Quer.

Kiko Klaus lanzou en 2008 o seu primeiro disco en solitario, O Vivido e o Inventado, que recibiu importantes eloxios da crítica nacional e internacional. O xornal O Estado de São Paulo seleccionouno como un dos quince mellores lanzamentos dese ano e a revista Dig This Real de Nova York definiuno como un dos artistas máis creativos e prometedores da nova escena brasileira. A súa música mestura raíces afro-brasileiras como o maracatu, a ciranda, a samba e as percusións de Umbanda e Candomblé, con flamenco, rock, soul e electrónica.

Tras o éxito de Humor neghro e Só, Carlos Blanco volve agora máis colorista, máis ousado, máis de pel. En Ordem e progresso toma a frase da bandeira de Brasil como título do espectáculo. Nel o actor amosa unha nova faceta na que lle canta ao Brasil máis recoñecible, e ao que non o é tanto, acompañado dunha banda de luxo, o Sergio Tannus Trío, formado por Sergio Tannus, Sergio Sales e Paulo Silva. Esta proposta suma humor calma, harmonía e música de Pixinginha, Cartola, Nelson Cavaquinho... os clásicos.




MÚSICA NA RECÁMARA
Galicia.pt
Sábado 27 de novembro ás 21 h
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: Entrada gratuíta previa retirada na billeteira
Os convites pódense conseguir, por rigorosa orde de solicitude, na billeteira do Pazo da Cultura o venres e o sábado de 11 a 14 e de 17 a 21 h


O sábado, tamén no Pazo da Cultura, poderemos gozar dunha oportunidade única: dúas das propostas musicais máis exitosas desta e da outra beira do Miño comparten escenario en exclusiva para o público de Culturgal. Deolinda é un grupo portugués formado por catro mozos que saltan todos os clixés do fado: non usan guitarra portuguesa, fan música para bailar e a súa cantante, Ana Bacalhau, viste roupas coloridas. Veñen de presentar o seu último disco, Dois selos e un carimbo, co que están a causar sensación no país veciño.

Compartirán escenario con Xosé Manuel Budiño, que visita Culturgal co seu último proxecto debaixo do brazo: Volta, unha viaxe polos catro continentes da man do gaiteiro galego máis innovador. Bos Aires, México, Oriente Medio, Europa, Ortigueira... este disco está concibido como unha road movie conceptual coa que percorreremos os lugares nos que o magnífico compositor e multiinstrumentista galego participou nos últimos anos e que culmina co seu concerto na pasada edición do Festival Celta máis coñecido e concorrido do mundo. Poderemos revisar as pezas máis representativas da súa carreira, desde o referencial "Paralaia" ata "Revolución", pasando por "Zume da Terra" ou "Home", peneiradas por unha reinterpretación contemporánea.




SHOWCASES NON STOP NO PATIO
No patio da Feira das Industrias Culturais pódese atopar un bar con programación cultural non stop, entre a que a música ocupa un lugar prioritario. Nel sucederanse actuacións en pequenas doses, para que dea tempo a dixerir todas as novidades. O formato empregado é o dos showcases e entre pílula e pílula proxectaranse vídeos cos grandes eventos musicais deste ano. Na barra os músicos mesturaranse co público para intercambiar opinións.
Participan nos showcases do patio Renato Spencer e Café Caxaça, Kibitka, Anxo Lorenzo e Silvia Penide. Os primeiros presentarán o venres ás 18.30 h Peneirando, o seu primeiro traballo discográfico, resultado de cinco anos de convivencia entre músicos de diversas orixes, tanto xeográficas como musicais, que residen en Galicia. Rumba e forró, tamboril e zabumba, muiñeira e afoxé, gaita e cavaquiño mestúranse de forma natural neste disco con temas propios e versións de músicas populares brasileiras e galegas.
Kibitka integra a bagaxe e as viaxes das oito persoas que a banda e que trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Rusia e Galicia, agregaron ritmos e influencias latinas e rescataron sonoridades esquecidas. Actuarán o sábado ás 12.30 h. Pouco despois, ás 16 h, subirase ao escenario do patio Anxo Lorenzo para presentar Tirán, o seu novo disco, no que volve poñer a proba os límites da gaita e os propios facendo un percorrido musical polos lugares e melodías que coñeceu nos últimos anos. Para esta gravación contou coas colaboracións da famosa gaiteira de Northumbria Kathryn Tickell, as cordas de Pancho Álvarez, as percusións de Milla e Roi Adrio, a zanfona de Anxo Pintos, o acordeón de Jorge Arribas e o grupo de estética hindú Om/Off.
Deseguido, ás 19.30 h, será a quenda de Silvia Penide, que volve co seu cuarto traballo de estudo Las erres dobles, da man do recoñecido Juan de Deus Martín. Cos seus dous traballos discográficos anteriores, Kilómetros, Invisible e Desafinante Crónica, xa deixou sobradas mostras da forza e dos matices que poden alcanzar as súas cancións.

Ademais destes showcases, o patio acollerá unha serie de presentacións musicais con breves actuacións de mostra. O sábado ás 17.30 h a asociación cultural Negus Reggea presentará algunhas das bandas de reggae e os sound systems galegos, entre as que se atopan, por exemplo, Bush Doctors, Zamaramandi, Sauko B & One, Pinnacle, Ganjahrfamily, On The Bass Sound System, Goodchilla Sound ou Jas Processor. A continuación a popular publicación especializada no sector musical Mondo Sonoro ofrecerá unha selección de actuacións de grupos musicais, así como unha mostra dalgunhas das fotografías realizadas polos seus colaboradores nos eventos musicais máis significativos dos últimos tempos. Xa o domingo, ás 12.30 h, presentarase a oitava edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. Sobre o escen ario do Pazo da Cultura volverán xuntarse o 18 de decembro catro dos creadores máis inquietos da música dos países lusófonos, un cruce de voces novas e consolidadas baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.


SONS PARA O CUARTO DOS NENOS
O cuarto dos nenos que acolle a programación infantil e xuvenil do Culturgal ferve de actividade desde a apertura ata o peche da feira, tamén do eido musical. Para mostra o novo disco do grupo de música infantil Mama Cabra, titulado Ola, ola, la!, un libro CD cun vídeo karaoke e un bo feixe de cancións inéditas, publicado pola Editorial Galaxia. O venres ás 17 h presentaranse en directo temas deste traballo, para o que se contou cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquiño) e a de Gende Beat coas súas percusións vocais.
Xa o domingo ás 12 h terá lugar o espectáculo Tic tac, o primeiro traballo musical en solitario de Pablo Díaz, que fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos. É un disco para ver, escoitar e cantar, pensado tanto para o público infantil como para gozar en familia. As súas 16 cantigas abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.
Pola tarde, ás 17 h, actuará o grupo Pesdelán, disposto a recuperar a cultura participativa das festas e a poñernos a todos a bailar co seu último disco, Na punta do pé. Pesdelán é froito da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais, como Leilía, Xochilmica e Susana Seivane Grupo. O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses, arranxados dun xeito divertido e orixinal.
Ademais, o Laboratorio de Sons da Aula Folque Infantil de aCentral Folque, o sábado traslada por un día a súa actividade ao Culturgal. Mestres e alumnos realizarían exercicios de improvisación e exploración sonora con instrumentos non convencionais, baseándose no espazo da Feira, na súa musicalidade, a súa oralidade e as súas posibilidades sonoras. Ao remate da actividade os asistentes presentarán unha intervención artística como mostra do traballo realizado durante a sesión.

AUTOEDICIÓN NO FAIADO
O faiado, o espazo reservado no Culturgal para as propostas que están nas marxes e que mesmo cuestionan o que chamamos industrias culturais, terá unha ampla programación musical para visualizar aquelas iniciativas que rastrexan a música en calquera lugar, que están atentas aos sons da vida cotiá e que velan pola memoria sonora e musical para explorar novos horizontes. Autoedición e activismo sonoro serán os termos máis repetidos.
O venres ás 19 h. SINSALaudio ofrecerá a audioconferencia Érase una vez un suco, unha sesión con música e imaxes na que se repasará o apasionante mundo do rexistro sonoro. Deseguido presentarán o seu novo selo discográfico, SOSOaudio e as súas dúas primeiras series de cilindros fonográficos e dedodiscos. A xornada do 26 pecharase no faiado cun concerto de Emilio José, o músico máis innovador do interior de Galicia, chegado directamente desde Quins, concello de Melón. Amosará a súa maneira de entender as cancións, con mestura de rexistros e diferentes xiros, demostrando que o retrouso non é tan importante.
A autoedición centrará o apartado musical do sábado no faiado. Os músicos galegos Iván Oubiña (6pm), Diego Castro (Disco las Palmeras!) e Xan Molina (Mequetrefe) impartírán a partir das 12 h o obradoiro O estudio na túa casa. Xa pola tarde, ás 17.30 h, desenvolverase o coloquio A autoedición na música: o camiño do novo músico, moderado por Manuel Suárez e coa participación de Manuel Portolés (Niño y Pistola), Toño Rodríguez (Unicornibot), Javier Becerra (La Voz de Galicia) e Tomi Legido (CuacFM/10D10). Ademais, Manuel Suárez e Álvaro Álvarez presentarán o proxecto Desconcierto Cultural.

O FUTURO DA INDUSTRIA MUSIACAL NO ESTUDIO
O sábado a partir das 10 h, no particular estudio do Culturgal, dedicado ao debate profesional, as asociacións Agaphono e Agem propician nun foro aberto ao público o encontro dos distintos axentes do sector musical para elaborar unha radiografía do seu presente e para debater sobre o seu futuro. No difícil contexto da crise económica, a industria da música ten que afrontar o desafío dos cambios tecnolóxicos e outros retos como a superación da dependencia institucional e a busca de novos espazos de crecemento. Participarán Franciso Javier Viéitez Cendón, vicepresidente de Agem; Sergio Lago, representante de Aghapono; Raul Abeledo, economista; Leo Garcia-Boadilla Prosper, avogado ; Felix Lozano, ideólogo; Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic; e Joaquim Balas, representante da Asociación Profesional MUSICA PT. É compromiso dos organizadores ofrecer un documen to conclusivo ao final do encontro.








- Culturgal -
- aCentral Folque -


NOVAS RELACIONADAS:



A cultura está de feira até o domingo
http://www.anosaterra.org/nova/a-cultura-esta-de-feira-ate-o-domingo.html


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: IV Memorial Secundino Pérez Sanromán (Gondomar) ::

:: Entradas esgotadas para a festa de Tributo ao Zeca Afonso em Porto ::

:: IX Festa da Pandeira en Piornedo ::

:: DeRaíz en Redondela (I Mostra de Música e Baile Tradicional) ::

:: O XXVIII Festival da Poesia no Condado reclama umha economia social ::

:: II Festival de Música Galega do Vilar de Lavadores ::

:: Polafía en Arteixo: Músicas, cantos, contos e historias do Concello de Arteixo ::

:: Homenaxe a Xoán Corral en Bergondo ::

:: V Xuntanza de Gaiteiros da Bisbarra e Exposición de Artesáns (Pontesampaio) ::

:: Convocado o 3º Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoræs da AELG ::

:: VI XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA. De trompas, bichos e outras músicas (San Sadurniño) ::

:: V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO ::

:: XXVI Xuntanza de Gaiteiros - Homenaxe a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro ::

:: Noite de defuntos cos Chichisos (Pontevedra) ::

:: Samaín na praza de San Cosme (Ourense) ::

:: Homenaxe ao gaiteiro (Vigo) ::

:: V edicion das Xornadas de Baile Tradicional - AGG ::

:: Semana Bravú en A Coruña ::

:: III Edición Cantos de Taberna - "Hai que Cantar!" - Ourense ::

:: Xornada na Casa da Gaita (Viascón): "Aires da Terra" ::

:: XI Día do Orgullo Gaiteiro en Ourense ::

:: VIII Desfile do Traxe Galego de A Guarda ::

:: 2º Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei ::

:: Aniversario de Arreixeira (Padrón) ::

:: X Festa da Pandeira (Piornedo) ::

:: XVI MALLA TRADICIONAL - Sábado 22 de agosto en Casa do Patrón, Codeseda - Doade ::

:: IX Xornada da cultura tradicional galega (A Bouza - Dorrón. Sanxenxo) ::

:: VII Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño ::

:: XV Alcuentru de pandereta gallega ya asturiana ::

:: XXVIII Homenaxe ao Gaiteiro en Vigo ::

:: HOMENAXE A EDMUNDO VILARIÑO EN CARRAL ::

:: I Memorial Secundino Perez Sanromán en Nigrán ::

:: I Xornadas sobre o Serán ::

:: Fest-noz 2015 en Compostela ::

:: VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela ::

:: X Festival Internacional Rebulir (Ramirás - Ourense) ::

:: Xermolos e Debares inician o ano Manuel María con música e unha muiñada en Parga ::

:: III Encontro da Rede Galega de Sementes en Betanzos ::

:: XXI Xantar Gaiteiro da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s - Ordes ::

:: III Memorial Henrique Otero, o gaiteiro do Fragoso (Vigo) ::

:: North American Symposium of Galician Studies en Ann Arbor - Michigan ::

:: Aña Urbana en Pontevedra ::

:: XXXIII Día da Muiñeira en Pontedeume ::

:: III Festival de Música Tradicional Galega e X Aniversario da Banda de Gaitas de Forcarei ::

:: Día Internacional da Danza 2016. Celebracións en Vigo ::

:: XII Festival De Folclore Luso-Galaico en Barcelinhos (Portugal) ::

:: XXVII Xornadas Culturais Festa do Muiño de Coiro (Cangas) ::

:: XXVII Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña) ::

:: XXXIII Día da Muiñeira en Pontedeume ::

:: XLV Dia da muiñeira en Pontevedra ::

:: 3 Convivio da Cultura Galega (Outeiro de Rei) ::

:: Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo ::

:: Festa da Gaita na Quintá de Cancelada (Becerreá. Lugo) ::

:: Festa da Pandeira 2016 (Piornedo. Ancares) ::

:: Xxx Festival Da Poesia No Condado (Salvaterra) ::

:: O Traxe vai á rúa (Compostela) ::

:: VIII Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño) ::

:: Xornadas de Música ao Vivo en Boiro ::

:: Festa X Aniversario de Rebulir na Casa Rural Rectoral de Ansemil (Celanova) ::

:: XXVII Xuntanza de Gaiteir@s en Fene ::

:: Encontros de Folclore en Rianxo ::

:: Magosto en Mos (Vigo) ::

:: II Xornadas sobre os Seráns ::

:: 130 Anos de Queixumes dos Pinos. Celebración en Ponteceso ::

:: 98º Aniversario do Manifesto de Lugo ::

:: Cantares e danzas do ciclo de nadal en Pontevedra ::

:: REIS MAGOS e Cantos de Reis en Ramirás (Ourense) ::

:: Máscaras Tradicionais de Entroido no Museo do Pobo Galego (Compostela) ::

:: Homenaxe a Ricardo Portela ::

:: Memorial Henrique Otero en Vigp ::

:: XLVI Día Da Muiñeira en Pontevedra ::

:: Festival Homenaxe Fran Perez NARF na Pousada das Ánimas (Boiro) ::

:: IV Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei ::

:: XVIII Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) ::

:: V Xornadas arredor da música tradicional (Viascón. Cotobade) ::

:: Muller e Música en Galicia (na Artábria, Ferrol) ::

:: Feira Histórica Arteixo 1900 ::

:: Gala de premios da música e da poesía galego-portuguesas (Compostela) ::

:: Festa de Samaín no CSCD As Pedriñas (Tameiga. Mos) ::

:: XII HECTÓMETRO LITERARIO PARA MINI E MERO en Vilalba ::

:: XII FIR - Festival Internacional Rebulir (Ramirás, Ourense) ::

:: Reis MAGOS e Cantos de Reis en Ramirás ::

:: Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense) ::

:: VIII edição do festival ‘Português Perto’ em Ourense ::

:: Homenaxe ao Gaiteiro en Vigo ::

:: V Memorial Henrique Otero (Vigo) ::

:: IX Festival Infantil "O berce de Donaire" (A Coruña) ::

:: FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO) ::

:: VIII Aña Urbana (Pontevedra) ::

:: II Plis Plas Festival de Navia (Vigo) ::

:: 6º Festival dos Maios en Bembrive (Vigo) ::

:: VIII Aña Urbana en Pontevedra ::

:: Encontro de Tocadores 2018 ::

:: Dos Gaiteiros do Mar - Ciclo de cine en A Coruña ::

:: Serán'01 en Compostela ::

:: XVIII FOLIADA E ROMERIA DO LECER XACARANDAINA (A CORUÑA) ::

:: Memorial Lola Diz + Memorial Henrique Otero (Moaña) ::

:: XIV Encontro Tradicional Zona da Zanfona (Rianxo) ::

:: TUNDAL na Homenaxe en Ribadeo a María Victoria Moreno ::

:: XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) ::

:: Homenaxe ás pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo) ::

:: O NARF nunha flor - Homenaxe a Narf na Illa de Arousa ::

:: XIII Festa da Pandeira en Piornedo (Lugo) ::

:: Festa do Apego en A Coruña ::

:: III Xornadas do Mar (Vigo) ::

:: VI Xornadas arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo-Cotobade) ::

:: Campás e campaneiros (A Fonsagrada) ::

:: XIII Encontro de danzas tradicionais do mundo no Carballiño ::

:: Gala aRi[t]mar da música e da poesí­a galego-portuguesas (Compostela) ::

:: Samaín en Foz ::

:: X Congreso de Cultura Popular Terra de Trasancos ::

:: Gala 70 Aniversario de Cántigas e Frores (Lugo) ::

:: Culturgal 2018 (Pontevedra) ::

:: IV Memorial Secundino Pérez Sanromán (Gondomar) ::

:: Xornadas da Gaita no Mar (Rianxo) ::

:: Festa dos Reis en A Mezquita ::

:: Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal ::

:: Ato público no Museu do Povo polo XV aniverário da Gentalha do Pichel (Compostela) ::

:: Festa do Toxo en Vilamor do Caurel ::

:: Roteiro de Xurxo Souto: Cantos de traballo das Mulleres do Mar (A Coruña) ::

:: Homenaxe a Aurea en Ponte Caldelas ::

:: Xornadas de Cultura Galega e Música Tradicional na Cosechera (Lugo) ::

:: Unha homenaxe á Librarí­a Andel (Vigo) ::

:: A Música tradicional Re-Vista (Xornadas do CVC de Valladares. Vigo) ::

:: Aña Urbana da A.C. Trepia en Pontevedra ::

:: I Xornadas de Acordeón en Lugo ::

:: VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo) ::

:: IV Homenaxe a Henrique Otero en Vigo ::

 

:: Os Chichisos organizan unha nova edición de Campás e Campaneiros ::

:: XV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) ::

:: IX Xornadas de Pesca do Pindo: "Ondas do mar, que sacan e dan" ::

:: X ENCONTRO INTERNACIONAL ZONA DA ZANFONA en Rianxo ::

:: Festa da Gaita e Cantos de Taberna de Arzúa ::

:: A AGG organiza a XIX Edición do Xantar Gaiteiro (As Pontes) ::

:: CAMINHA: SERRA D’ARGA PREPARA O ENTRUDO ::

:: Grande Cocido DIATÓNICO en Rois (A Coruña) ::

:: Lugo: I Recital de Coplas de Entroido, o venres 28 de febreiro ::

:: Mais de vinte grupos, poetas e amigos participam na homenagem a Manolo Soto deste sábado 8 em Salvaterra do Minho ::

:: Exposición: Casto Sampedro, 75 anos do seu pasamento ::

:: Culturgal 2013 (Pontevedra) ::

:: XIII Alcuentru de pandereta gallega ya asturiana ::

:: Homenaxe ao Gaiteiro 2013 (Vigo) ::

:: Xornada:A música tradicional hoxe (Compostela) ::

:: IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ::

:: deRaí­z - I Mostra de Música e Baile Tradicional (Vigo) ::

:: XVII Festa dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas) ::

:: Recreación tradicional da esfolla en Doso (Narón) ::

:: Filme CANTADOR DE CHULA e colóquio com Katharina Döring esta quarta no local da Folque (Compostela) ::

:: Vem desfrutar da noite de defuntos na Fundaçom Artábria (Ferrol) ::

:: Boqueixón: actos de inauguración da exposición Querido Balbino, o sábado 26 de outubro ::

:: A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela) ::

:: V XORNADAS MOURAS: Encontros etnográficos en As Pontes ::

:: Palestra - Gaiteiros de Compostela 1900-1990 ::

:: V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos" ::

:: IIª Mostra de Música Galega en Barcelona ::

:: Homenaxe a Santiago Caneiro (Narón) ::

:: VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia, a celebrar en Lugo o 9 de novembro ::

:: A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Baile Tradicional (Compostela) ::

:: XXV Xuntanza de Gaiteiros 2013 (5 de Outubro en Sillobre, Fene) ::

:: Homenaxe a carmiña Pérez Alonso (Cangas do Morrazo) ::

:: 3º Aberto de Billarda / Estornela, en Cuntis ::

:: V XORNADA DE CULTURA POPULAR. San Sadurniño ::

:: David Bellas e A Píntega Marela nas "Xornaes de Música Tradicional" en Nava (Asturies) ::

:: 6ª Xornada de "Campas e Campaneiros" - 21 de Setembro en Oia ::

:: XIV Festa da Malla Tradicional de Doade en Lalín ::

:: Homenaxe a Raimundo Garcí­a Domí­nguez, Borobó (Boiro) ::

:: Lugo: Segundo Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoras e Escritores da AELG, do 24 de setembro ao 17 de decembro ::

:: Inauguración da Casa Museo de Manuel Marí­a (Outeiro de Rei) ::

:: aCentral Folque convidada em Brasil ao seminário Músicas sem fronteira ::

:: Homenaxe a Moncho Valcarce nas Encrobas ::

:: Festa-homenaxe a Pazos de Merexo en Muxí­a o Venres 16 de Agosto ::

:: Dia da Galiza Martir en Ourense ::

:: XXVI día da muiñeira e XXV día dos oficios artesáns - 3 e 4 de Agosto en Mondariz ::

:: XX Fetival folklórico de Peitieiros (Gondomar) ::

:: XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) ::

:: I Xornada sobre a música tradicional: A Zanfona na música galega ::

:: II Memorial Infantil Antonio Fernández (Marín) ::

:: Café da Memoria: Gaiteiras (Museo do Pobo Galego) ::

:: VII Festa da Sementeira en Corzáns ::

:: Homenaxe a Fito (A Roda) en Redondela ::

:: Homenaxe a Rosalí­a de Castro enVigo ::

:: Concerto “En lembranza de Suso Vaamonde” en As Pontes ::

:: III ROMARÍA DAS LETRAS (Boiro) ::

:: Foliada - Homenaxe a Jesús Quintáns en Cee ::

:: Concerto - Coloquio A Gaita de Foles en Galicia e Portugal ::

:: Aña Urbana 2013 (Pontevedra) ::

:: Galiza No Mundo | Xornadas culturais en Lisboa, do 5 de abril ate o 7 de Xuño ::

:: V Aniversario do L.S. Aturuxo (Boiro) ::

:: Encontro de Gaiteiros Pouca Pena (Coimbra) ::

:: Un orballo para Blanco Torres - En Cuntis ::

:: Homenaxe a Rosalía de Castro en Carballo ::

:: Tarde de requinta en Bertamiráns ::

:: Casto Sampedro. 75 anos do seu pasamento. Charla e concerto no Viso (Redondela) ::

:: Encontro de Janeiras em Valença ::

:: Aldán acolle o domingo a ancestral danza de madamas e galanes de San Sebastián ::

:: Encontro Fiddle na Serra do Courel ::

:: XV Certame de improvisación oral - CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES ::

:: Dez anos de loita por un mar de vida - Lira (Carnota) 6, 7 e 8 de nadal ::

:: Culturgal 2012 (Pontevedra) ::

:: I Xornadas arredor da Música Tradicional ::

:: XXV Homenaxe ao Gaiteiro en Vigo ::

:: 75 Anos do pasamento de Casto Sampedro - Actos conmemorativos i exposición no Multiusos de Xunqueira (Redondela) ::

:: A Música na Galiza, Ciclo de conferências (Compostela) ::

:: XXI Edición do Premio IAR de folclore galego - Centro Cultural Ágora (A Coruña) ::

:: Festa Homenaxe a Uxío García Amor na Casa da Cultura de Vilalba ::

:: IV xornadas de patrimonio cultural en Arteixo ::

:: O violino de Courtier - I Encontro de Violino Popular en Pobra de Trives ::

:: Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño ::

:: A Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas organiza a I Mostra de Música Galega en Cataluña - 27 de Outubro no Auditorio de Barcelona ::

:: XXIV Xuntanza de Gaiteiros 2012 en Fene ::

:: IV Congreso de Música Tradicional TERRA DE TRASANCOS ::

:: Festival Leverelem...das artes da fala (Pontevedra) ::

:: Xornada de Campás e Campaneiros ::

:: XX Aniversario de Donicelas (Salceda de Caselas) ::

:: IV Xornadas de Cultura Popular Galega en San Sadurniño ::

:: Danza de Darbo (Cangas do Morrazo) ::

:: 8 de Setembro. Cabodano de Manuel María (Cemiterio de Outeiro de Rei) ::

:: VII Festa da pandeira en Piornedo ::

:: Filandon de Músicas do Caurel ::

:: FIP SANTIAGO 2012 ::

:: Lugo acolle, por primeira vez, o FIP (Festival Internacional de Percusión) ::

:: Memorial Ricardo Portela en Pontevedra ::

:: Concerto-Homenaxe a Celso Emilio en Vigo ::

:: Café da Memoria - Gaiteiros (Museo do Pobo - Compostela ::

:: Homenaxe a Carlos Conde (Tito Galiña) en Vigo ::

:: Cantares do Brión - Semana das letras 2012 ::

:: Salvaterra de Minho acolhe homenagem a José Afonso no dia 28 de abril ::

:: Lembrando o rock bravu no Gaioso (Corunha) ::

:: XII Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Corcubión!! ::

:: Festa da Reconquista 2012 (Vigo) ::

:: I Mostra do Traxe Tradicional Tequeletequele (en Ponteareas) ::

:: CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais ::

:: II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo) ::

:: VIII Mostra-Certame de Cantares de Reis en Boimorto ::

:: 17 e 18 de Nadal en Arzúa - Feira Ecolóxica Terractiva ::

:: O Incio: Homenaxe a Lois Pereiro, o sábado 17 de decembro ::

:: 1ª Foliada do Souto (San Fins De Sales, Vedra) ::

:: O APALPADOR e NADAL NA LAREIRA en Narahío ::

:: 17 de decembro, A Coruña e Vigo, dí­a Lugrí­s ::

:: Dorothé Schubart abre o Ciclo de Conferencias 'A música na memoria' ::

:: VIII Aniversário da Associaçom Cultural Revira (Pontevedra) ::

:: Culturgal (2,3 e 4 de nadal en Pontevedra) ::

:: POLAFíA en MONTE ALTO (A Coruña) ::

:: I Roteiro da Pantalha en Cerdedo ::

:: IX XORNADAS MICOLÓXICAS DE ORAZO ::

:: VII Ciclo de Coros Históricos ::

:: POLAFíA en Xirarga (Beariz) ::

:: Mini e Mero reciben o Premio Ramón Piñeiro-Facer Paí­s ::

:: V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional ::

:: III Encontros de Filosofía da Costa da Morte ::

:: Memoria da Chaira Enteira, homenaxe a Manuel María na Terra Cha ::

:: “Homenaxe a Manuel Marí­a”, coa participación de Xabier Dí­az e Guillerme Fernández ::

:: Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki ::

:: IV Xornada de Campás e Campaneiros, San Xulián de Bastabales ::

:: XIII Malla Tradicional (Codeseda-Doade-Lalín) ::

:: Festival da Poesia no Condado ::

:: IV XUNTANZA RUTA DA PEDRA E DA AUGA nos muiños do rio Armenteira ::

:: 3ª Mostra das tradicións mariñeiras - A Guarda ::

:: Culturgal 2011 arranca coa apertura das convocatorias de propostas de actividades e de reserva ::

:: Festa da Coca ´2011 ::

:: Xornada "O Bosque Sagrado de Lugo" ::

:: éMundial | Evento comemorativo dos 30 anos da Associaí§om Galega da Lí­ngua. Porque o galego”¦ í‰ MUNDIAL! ::

:: II Xornada de Bailes Agarrados en Pontevedra ::

:: L.S. Faí­sca (Vigo) - Palestra: A Música Tradicional Galega ::

:: III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos ::

:: Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca ::

:: Arte Fresca do Dí­a na Praza de Abastos de Pontevedra ::

:: Actividades musicais no Achegarte 2011 ::

:: II Jornadas galego portuguesas de Ediçao independente ::

:: Foro Musical Percebe Son ::

:: Faladoiro e farra con Xurxo Souto ::

:: CONVIVIO MUSICO-CULTURAL Italia-Galiza ::

:: XIX Edicion do Premio "IAR": Xavier Blanco ::

:: Tres días de música sen pausa, no Culturgal ::

:: Ateneo Ferrolán: XXII Xornadas da Gaita 2010 ::

:: HOMENAXE AO GAITEIRO 2010 ::

:: X Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana ::

:: Conferencia Internacional da Tradición Oral. Oralidade e Patrimonio cultural ::

:: Os músicos ponteses adican Santa Icí­a 2010 á figura do gaiteiro Manuel Castro, “Freixo” ::

:: POLAFÍA EN MERLÁN-CHANTADA ::

:: POLAFíA EN MOAñA ::

:: O Grelo Folc 2010 ::

:: Feira Histórica Arteixo 1900: “Arteixo e o estraperlo” ::

:: III Xornadas de Literatura de Tradición Oral: Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas ::

:: VI Ciclo de Coros Históricos ::

:: XXIV Festival de Poesía do Condado ::

:: XIII Filandón de Músicas do Caurel ::

:: SonsMamede 2010 ::

:: Programa de actos do 35 aniversario. Homenaxe popular a Moncho Reboiras. ::

:: En Agosto, Coanhadeira!!! ::

:: CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ AFONSO ::

:: VI Xornadas de cultura mariñeira en Muros ::

:: Programación completa do Festival de Ortigueira 2010 ::

:: A Coruña Cultura » Ciclo Son de noite no mes de xullo ::

:: X Foliada e Romarí­a do Lecer ::

:: e-trad: VENRES 25 DE XUñO. NA E-TRAD: FESTA FIN DE CURSO 2009-10. ::

:: CURSOS FOLK FERROLTERRA ::

:: FOLIADA "TÍA PEPA" ::

:: Charla/Coloquio de Xurxo Souto no IES Audiovisual de Vigo ::

:: SETE NETOS FOLK CELTA ::

:: Arde O Pazo - Mos ::

:: IV NOITE DE FIADEIRO ::

:: aCoruñaSon2010 ::

:: FESTIVAL QUEREMOS GALEGO ::

:: 18ª NOITES DE TASCA ::

:: Ergom: Xira de presentación de Fronkiria ::

:: Novo disco de Emilio Rúa - A voz cálida do Interior ::

:: FESTA FURANCHEIRA en Salceda de Caselas ::

:: Compostela, 21 de marzo, ás 12:00 na Alameda: MANIFESTACIóN CONTRA A DESTRUCIóN DO TERRITORIO ís 17:00 na Sala Nasa íšltimo concerto da II Caravana reivindicativa de GNSV. ::

:: Ghaiteirada na Baña ::

:: Segundas Xornadas de Música Tradicional en Ponferrada (O Bierzo) ::

:: aCentral Folque - Curso intensivo de zanfona ::

:: Cristina Pato de xira por India co mestre da tabla hindú Sandeep Das ::

:: CANGAS DO MORRAZO: 8º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: SERÁN-PRESENTACIÓN VI FOLIADA DE MELIDE ::

:: II CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA ::

:: Serán de Angudes ::

:: Comeza o Cantalingua 2010 - Bases e info. ::

:: Tertulia Cultural de Tempos Novos ::

:: Sons da Galiza - Exposición homenaxe os artistas galegos ::

:: XXI Homenaxe ao Gaiteiro ::

:: Inaguracion da galaicotaberna A REGUEIFA ::

:: VI DIA DO ORGULLO GAITEIRO - 11 E 12 DE DECEMBRO DE 2009 ::

:: Xoves 3 de decembro: SERÁN NA NASA ::

:: Programa completo de AchegArte ::

:: POLAFÍA EN CABREIROS, XERMADE ::

:: O sábado día 28 comezan as xornadas de ACHEGARTE, instalado no Palexco (A Coruña) ::

:: Entrega dos Premios de Poesía "Rosalía de Castro de Cornellà" ::

:: MasterClass de música tradicional en Compostela ::

:: Polafí­a en Neda ::

:: Mostra de patrimonio inmaterial 2009 ::

:: Polafía en Figueirido (Concello de Vilaboa) - 24 de Outubro ::

:: XXV Aniversario Lembranzas da Ria ::

:: II Xornadas de Literatura Oral. O mito que fascina: do lobo ao lobishome ::

:: Primer Encuentro de Pandereteras de Laviana ::

:: I Xornada de cultura popular galega ::

:: NOVAS XORNADAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS ::

:: Abre en Ourense a exposición "Sete voces para a Coral de Ruada" ::

:: XXVI XORNADAS DE FOLCLORE EN OURENSE ::

:: XIV Encontro Folclórico Malveiras ::

:: Semana Cultural de Zas ::

:: IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. ::

:: Rapa das Bestas de Sabucedo 2009 ::

:: San Xoan no Museo do Pobo ::

:: I Festival de Música de Autor e Reivindicativa no Bicentenario da Batalla de Mourentán ::

:: Certame de Palilleiras en Vigo ::

:: Tradicións populares do Paraná no Museo do Pobo Galego ::

:: O PATRIMONIO INMATERIAL NA MARIÑA. ::

:: Xornada de Bailes Agarrados en Pontevedra ::

:: `Seremos muitos, seremos alguem´ - JOSÉ AFONSO A VOZ DA LIBERDADE ::

:: Voces da Musa - IV Encontro de Creadores no Barbanza ::

:: Festa do Muíño de Fausto ::

:: A Coral de Ruada cumpre 90 anos ::

:: Galiza em trânsito ::

:: O Pedrón de Ouro, para Mini e Mero ::

:: Revelando Voces 2009 leva sete agrupacións musicais aos centros socioculturais de Compostela ::

:: De contos e músicas ::

:: aCentral folque » A música tradicional galega na Universidade ::

:: XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO ::

:: V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón ::

:: XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS ::

:: Cultura celebra co espectáculo poético-musical Rosalía 21 o aniversario do nacemento de Rosalía ::

:: III edición do encontro do asociacionismo xuvenil ::

:: Concerto de The Ellas, Uxía Senlle e Julián Hernández en defensa de Lidya Cacho ::

:: "POLOS CAMIÑOS DA MÚSICA TRADICIONAL" conferencia ::

:: Como organizar eventos musicais - 15 e 16 de xaneiro en Pontevedra ::

:: A mesa redonda `O jazz en tempos de crise´ inaugura o IV Iberojazz ::

:: XXI XORNADAS DA GAITA no ATENEO FERROLAN ::

:: Polafía en Riotorto o 6 de Nadal ::

:: V DIA DO ORGULLO GAITEIRO, 13 de decembro no Auditorio de Ourense ::

:: 4 de decembro: Homenaxe a Voces Ceibes ::

:: Habemos de ir, Homenaxe a Maria Manoela en Ferrol o 4 de Nadal ::

:: Ferrol homenaxea a María Manuela, o 4 de decembro no Teatro Jofre ::

:: Foro de Cultura Local - 28 e 29 de Novembro en Compostela ::

:: 3ª conversa aberta na EAEM: Internacionalización da música galega + bOnOvO ::

:: 2ª conversa aberta na EAEM, o 22 de Novembro ::

:: Polafía en Friol, 22 de Novembro ::

:: Xurxo Souto en conversa, 19 de novembro ás 19:30 na Escola Oficial de Idiomas de Compostela ::

:: Feira de outono 08 | Pontevedra, 14-16 de Novembro ::

:: Polafía en Vilamartín de Valdeorrras ::

:: Chega a II Xornada de Xogo Tradicional Galego-Portugués - Venres 14 de Novembro en Salvaterra ::

:: II Encontro Profesional de Historiadores da Arte de Galicia ::

:: III Seminario Galego de Etnografía ::

:: 20 años sin Zeca Afonso ::

:: V Mostra de Cuartetos Tradicionais. Marín, do 14 ao 29 de Novembro ::

:: VI Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana. 29 de Novembro en Sabucedo ::

:: Lembranza da canción protesta no Porto ::

:: IV edición do Día do Peón - 11 de Novembro ::

:: Uxía e Emilio Cao no espello, 1ª conversa aberta na EAEM ::

:: Congresso Transfronteiriço de Cultura Celta, 7 e 8 de Novembro en Ponte da Barca ::

:: Esta semana celebrase as IX Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas ::

:: XXI Xornadas da Gaita no Ateneo Ferrolán ::

:: II Mostra de Patrimonio Cultura Inmaterial Galego Portugués. Ourense do 8 ao 11 de novembro ::

:: V Mostra de Cuartetos Tradicionais `Os Peruchos´ ::

:: A BUXAINA celebra a XX edición do HOMENAXE O GAITEIRO ::

:: III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega ::

:: Associação José Afonso: Tributo a Vitor Jara ::

:: Obradoiro de Rap / Regueifa ::

:: XVI Xornadas Mar por Medio ::

:: I Xornadas sobre o Cambio Climático en Lugo ::

:: XX Xuntanza de Gaiteiros en Fene ::

:: I Mostra do Traxe Galego e Música Tradicional de Melide ::

:: V Encontro de Bandas de Gaitas memorial Manuel García “Lolete” ::

:: II Encontro de Tocadores de Trompa ::

:: Programa da XXVI Festa dos Maios. EN VIGO ::

:: Xornadas sobre Cultura Tradicional Galega ::

:: Gaita de Foles -> Tocar de Ouvido. Encontro de Tocadores ::

:: A Asociación Internacional de Estudos Galegos celebra en Bahía o seu oitavo congreso ::

:: Caraveis para as voces ceibes ::

 

 




 

Voltar á páxina principal