>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Xuntanza e Reunións Informativas de Músicos ao Vivo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 16 / 11 / 10 )





Este mes de novembro Músicos ao Vivo fará unha campaña de achegamento a músicos e opinión pública de toda Galicia.

A campaña comezará coa II XUNTANZA da asociación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Este será un acto festivo como o que se celebrou o ano pasado na Sala Nasa con gran éxito de convocatoria. Haberá pinchos e bebida e moitas sorpresas máis para os presentes. Esta convocatoria está aberta a todos os músicos de Galicia, sexan socios ou non. Como di o lema da Xuntanza “Todo o mundo é benvido“.

Unha semana despois terán lugar ás Reunións Simultáneas en tres vilas galegas: Lugo, Ourense e Vigo. O obxectivo destas reunións é achegar a asociación e os seus servizos aos músicos e colectivos de músicos destas zonas da xeografía galega ás que nunca chegara Músicos ao Vivo ata o de agora.


Estas accións supoñen un esforzo “necesario” por parte da asociación, que quere agradecer públicamente a implicación de socios, músicos e entidades destas vilas no proceso de organización das reunións. Dende “A Gentalha do Pichel” en Santiago, a escola “Fábrica de Sons” en Lugo, a “Escola de Música Tradicional de Ourense” e o “Museo de Arte Contemporáneo en Vigo“, todo foron facilidades e boa vontade para poder levar a cabo as reunións nas súas respectivas instalacións.

Do mesmo xeito, e seguindo coa campaña de comunicación da asociación, Músicos ao Vivo visitará o Culturgal (Feira das Industrias Culturais) co fin de dar a coñecer os servizos ofrecidos polas cooperativas de músicos entre os axentes que interveñen na contratación dos músicos.

Esta campaña pretende ser un punto de inflexión na proxección pública da asociación. Cremos que este final de ano é moi importante debido, en gran medida, aos requerimentos legais de certas actividades musicais da Administración galega, da que teredes precisa información no seu momento.

Esperamos a vosa asistencia e pedímosvos que divulguedes este anuncio entre os vosos coñecidos músicos. É importante ser cada vez máis para ter forza como colectivo.




- Musicos Ao Vivo -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal