>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

X Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

(ultima actualizaci�n: 12 / 11 / 10 )





O vindeiro sábado 27 de novembro, Corcubión será o centro da música galega e asturiana tradicional. Da man do Colectivo TransEu e da nosa Asociación, a vila de San Marcos acollerá o 10º Alcuentru de pandeireta Gz-Asturies.

O Alcuentro naceu no 2005, entre un grupo de amantes da música tradicional á ribeira do río Eo. O Colectivo TransEu parte dun grupo de xente galega-asturiana que pretende unir as nosas semellantes
pero alonxadas culturas. Unha unión que se canaliza a través da música tradicional.

O Colectivo celebra 2 xuntanzas anuais, sendo en primavera nas terras veciñas, e polo outono en Galicia. Xa pasou o Encontro por vilas de A Estrada, Vigo ou Os Ancares. Este outono, toca na Costa da Morte. A cita será o vindeiro sábado 27 de novembro no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión.

Un encontro en 3 fases e con sorpresa

O Alcuentro constará de 3 fases. O recibimento será arredor das 20:30h, e de seguido comezará a cea de confraternización, a base de produtos da terra (empanada, mexilóns ó vapor, carne o caldeiro, tarta, viños, auga , refrescos e chupito).

Na segunda parte toca Concerto. E para iso chegarán o único grupo de pandereteiros homes de toda Asturias, chamados "Cantaruxare". Tamén estarán as mozas de "Bouba", que veñen do lugar da Pontragha, na parroquia de Numide, Tordoioa.

A seguinte parte é a Foliada. Será un auténtico todos contra todos na que de seguro participarán as nosas pandereteiras Millo Verde. A noite dará para moito....

Ademais, este ano haberá sorpresa. A festa contará coa participación dunhas pandereteiras moi especiais.

Poden reservar praza para este evento enviando un correo a xuntanzatranseu@gmail.com. O custe será de 20 € e 18€ para os socios.


- Pandeireta Galega e Asturiana -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal