>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

VENTOROCK 2010
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 2 / 11 / 10 )





¡¡¡O festival VENTOROCK 2010 xa esta aquí!!!

Terá lugar o día 6 de Novembro en Ventosela (Redondela).

A partir das 18 horas comezaremos coa primeira edición da Novembro Fest que consistirá nunha merenda-cea a prezos populares onde se serviran racións de callos acompañadas por cervexa ou viño e coa animación da charanga Os Veraneantes.
...
E aproximadamente a partir das 21 horas darán comezo os concertos do festival, onde este ano contamos coa presenza dos seguintes grupos:

- Homenaxe a Led Zeppelin (Redondela): este ano veñen coa formación orixinaria.

- Skandalo GZ (Punk/Ska - Ponteareas): www.myspace.com/skandalogz

- Recambios Tucho (Rock en Galego - Ribeira): a nova banda do creador dos Heredeiros da Crus que tocan todalas súas cancións. www.myspace.com/recambiostucho

- The Silence (Metal/Rock - Redondela): www.myspace.com/thesilencemetal

A entrada ao festival será de balde, contaremos cunha carpa totalmente pechada e cun son e unha iluminación moi bos, as bebidas serán a prezos populares e regalaremos castañas asadas.

¡¡¡ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA!!!


- Skandalo GZ- Recambios Tucho -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal