>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Música galega e portuguesa no 14º OuTonalidades
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 28 / 10 / 10 )





O 14º OuTonalidades, o circuito de música ao vivo organizado pola d'Orfeu Associação Cultural conxuntamente coa AGADIC / Xunta de Galicia, fai nova incursión en Galicia e leva música galega á outra banda do Miño.
Esta semana, por terras galegas poderemos escoitar Fados a Preto e Branco, un proxecto liderado por Rui Oliveira que promete transformar as salas por onde pasará nunha auténtica casa de fados, ao mesmo tempo que nos presenta unha abordaxe máis actual desta expresión musical. Os concertos serán o 28 no Pub Ultramarinos (Santiago de Compostela), 29 na Sala Contrabajo (Vigo), 30 no Clavicémbalo (Lugo) e o 31 no Aturuxo Bar (Bueu).
Por outra banda, os grupos galegos Pé de Boi e PELdeNOZ tamén marcan presenza neste ciclo, levando ao país veciño a música galega, entre misturas de folk, música tradicional e jazz. Pé de Boi actuarán o 28 no Centro Cultural de Chaves e o 29 no Espaço d'Orfeu en Águeda, a terra-nai desta iniciativa, e PELdeNOZ máis a sur, o 30 en Moura (Alentejo) e o 31 en Tavira (Algarve).


- outonalidades- música- galiza- portugal -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- AturuxoBar- Clavicembalo -






Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal