>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

FESTIVAL DE CANTAREIRAS 2010 - Ferrol
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 27 / 10 / 10 )





A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, conxuntamente coa Asociación ALEN DE ANCOS – Grupo de Música Folk-, ven de organizar un Festival de CANTAREIRAS.

Celebrarase o vindeiro sábado 30 de octubre, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester as 20,00 h.






Participarán, Agrupacións representativas do noso Folklore, como son:

Cantareiras ARUME de Carballo.- Pertenecen a Asociación Xuvenil de Berdillo en Carballo que naceo no ano 1985 co obxetivo de promover o asociacionismo xuvenil no medio rural. Dentro da Asociación o Grupo de Cantareiras ten un lugar destacado, interpretando múscias e cántigas tradicionais recollidas polo grupo en toda Galicia, revivindo e mantendo a tradición musical. Ten participado en Festivais e Concursos, recibindo diversos galardons e premios.


Cantareiras da S.C.R. O CASTRO de Miño.- A Sociedad naceu no ano 1981, que ademais dos grupos de Baile, Gaita e Cantareiras, tamén teñen unha Rondalla e unha Masa Coral. No ano 1997 formouse o grupo de Cantareiras, comenzando a recoller pezas pola comarca e por toda Galicia. Ten un amplio repertorio de pezas e Traxes que mostran nas suas actuacións, e premios recollidos como son os 1º Premios obtidos no Concurso de Música Tradicional de Cantigas e Agrarimos e no Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela.


Cantareiras ALGARABIA da AA.VV. de Lago.- O Grupo formouse na Escola de Baile e Música Tradicional Alvaro Cunqueiro, perteneciente a AA.VV. Santiago Apostol de lago, no concello de Valdoviño. Esta escola de baile comenza a súa andaina no ano 1981, sendo no ano 2000 cando nace o grupo de Cantareiras Algarabia, formado por rapazas comprendidas entre os 12 e os 19 anos, que dende un par de anos actúa con identidade propia, tendo as suas propias actuacións coma Grupo de Cantareiras.

Coa participación das Cantareiras Algarbía, queremos dar un pulo as Agrupacións que traballando dende a base, manteñen vivo o noso Folklore na comarca de Ferrolterra.



Esperamos a vosa presencia no Festival, e que sexa do voso agrado.

O Festival de Cantareiras faise posible gracias a Colaboracion do Concello de Ferrol – Cultura, e O Convenio de Actuacións da Diputación de A Coruña.


- Cantareiras -
- Xiradela -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal