>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ven cantar a Carolina
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 10 / 10 )





Razón:


O feito de que nas aulas de música de sexto de primaria do colexio da Laxe de Marín, e en moitos máis colexios do noso país, os/as nenos/as estuden a canción tradicional A saia da Carolina en castelán provoca risa primeiro e indignación despois. A carón doutros temas en castelán e inglés, A saia da Carolina vén traducida no libro de texto -redactado en galego ata o ano pasado- como consecuencia da aplicación da política lingüística da Xunta de Galicia e coa inten ción de conseguir unha falacia imposible, o bilingüismo harmónico.


A tradución de temas populares ten funcionado a xeito de esconxuro ridiculista, como ironía e autodefensa co ntra quen pretende anormalizar o normal, pero de ningunha maneira pode formar parte dun método didáctico se non se pretende incluír nunha campaña de desprestixio da lingua máis feble. O camiño cara a ese bilingüismo cordial, que leva ao desprestixio social do idioma galego e á progresiva substitución polo castelán, implica barbaridades como a cometida no colexio da Laxe. A inversa sería impensable.


Causa:



Para quen vén administrando a educación en Galicia dende que temos autonomía política, a cuestión do idioma sempre foi unha batalla que conviña perder, aínda que non moito. Manter ben controlada a chave do noso orgullo para proxectar en Madrid a imaxe que aló desexan ver, a dun pobo submiso e ancorado aínda nos Séculos Escuros, que soubo reducir o idioma propio –popular e de glorioso pasado- a unha cuestión familiar e folclórica, implica que os mesmos dirixentes que marcan outras liñas de progreso (de progreso propio) neste país non proxecten unha imaxe de “tímido españolismo” sobre as súas respectivas sedes partidarias centrais, e así poder promocionar a nivel estatal as súas propias carreiras políticas. A vítima, o idioma galego, o que nos fai únicas/os no mundo. Manter contentos os sectores moderadamente galeguistas e conniventes cunha ínfima promoción do idioma que moran nas delegacións galegas dos dous partidos maioritarios estatais, é a única razón que os obriga a un certo respecto polo idioma. Nin un paso máis.


Consecuencia desta actitude servil, entre outras, é a creación dese concepto-pantasma, o bilingüismo harmónico, que só serve para roubarlle ao idioma galego espazos re-conquistados con anos de loita. A última arma, o Decreto do plurilingüismo. A consecuencia, patetismos como o cometido no colexio da Laxe coa Saia da Carolina, encamiñados a espallar entre as xeracións máis novas a imaxe dunha lingua limitada e cada vez menos válida.



Resposta:


Nace a Plataforma cívica A saia da Carolina en galego coa intención de enfrontar, coa forza cívica e da razón, un feito concreto: a ofensa cometida contra o noso idioma e contra a nosa cultura popular por quen ten a obriga coidar, promocionar e poñer en valor todo ben cultural galego, e máis cando se trata de transmitilo ás novas xeracións.


Así, a Plataforma cívica A saia da Carolina en galego convoca a todo o Pobo Galego para que ás 20:00 h. do vindeiro día 21 de outubro de 2010 se concentre na alameda de Marín coa intención de cantar a nosa canción como debe ser, como lla queremos transmitir aos/ás nosos/as pequenos/as e ao mundo, en galego. As nosas voces serán unha espiral infinita.


Non nos roubarán a alegría.




- SAIA DA CAROLINA -


NOVAS RELACIONADAS:



YouTube - Luar na Lubre, A Carolina
http://www.youtube.com/watch?v=X71nMPG2Hyc








Diario de Pontevedra - Un grupo de Marín convoca unha concentración para reivindicar o tema \'A saia da Carolina\' en galego
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/64602.html


Un grupo de veciños de Marín (Pontevedra) creou a 'Plataforma cívica A saia da Carolina en galego' para reivindicar a aprendizaxe desta peza musical tradicional en galego fronte á versión en castelán que se ensina nun libro de texto utilizado no colexio A Laxe desta localidade. O colectivo convocou unha concentración o xoves 21 de outubro ás 20.00 horas na Alameda de Marín para cantar a canción "como debe ser" e como a queren transmitir os seus fillos, segundo indicou.

O voceiro desta plataforma, Xosé Antón Laxe Martiñán, critica que a substitución dunha lingua por outra constitúe unha "barbaridade de gravedade extrema" e cualifica de "ofensa para Galicia" que se estuden en castelán cancións que pertencen á tradición galega. "É unha falta de respecto á lingua e á nosa rica cultura musical", sostén Laxe Martiñán, que anima a todo o profesorado marinense e, por extensión, do resto de Galicia, a "sumar todo o apoio posible" a esta convocatoria "cívica e desvinculada de calquera partidismo".

Na concentración darase lectura a un manifesto que acusa á Xunta de provocar este conflito "como consecuencia da aplicación do mal chamado Decreto do Plurilingüismo", explica o voceiro da plataforma. Así, o contido deste libro de texto que se imparte nas aulas de música de sexto de Primaria de A Laxe presenta outros temas musicais en castelán e mesmo en inglés, mentres que 'A saia da Carolina' se transcribe en castelán malia que estaba "redactado en galego ata o ano pasado".

O acto organizado pola 'Plataforma cívica A saia da Carolina en galego' pretende "reivindicar a música tradicial galega e o idioma a partes iguais". Neste sentido, segundo Xosé Antón Laxe Martiñán, o "bilingüismo harmónico" que lle atribúe á Xunta "leva ao desprestixio social do idioma galego e á súa progresiva substitución polo castelán, retirándoo de territorios que xa foran conquistados". Laxe Martiñán advertiu que, coa tendencia actual, "cada día se vai perdendo unha praza", polo que instou a toda a cidadanía e á clase política a "volver o consenso" da Lei de Normalización Lingüística.






LR | Noticia | Concentración a prol da \'saia da Carolina\' en galego
http://www.laregion.es/noticia/133311/concentracion/carolina/galego/


Un grupo de veciños de Marín creou a 'Plataforma cívica A saia da Carolina en galego' para reivindicar a aprendizaxe desta peza musical tradicional en galego fronte á versión en castelán que se ensina nun libro de texto utilizado no colexio A Laxe desta localidade. O colectivo convocou unha concentración o xoves 21 de outubro ás 20.00 horas na Alameda de Marín para cantar a canción 'como debe ser' e como a queren transmitir os seus fillos, segundo indicou.

O voceiro desta plataforma, Xosé Antón Laxe Martiñán, critica que a substitución dunha lingua por outra constitúe unha 'barbaridade de gravedade extrema' e cualifica de 'ofensa para Galicia' que se estuden en castelán cancións que pertencen á tradición galega. 'É unha falta de respecto á lingua e á nosa rica cultura musical', sostén Laxe, que anima a todo o profesorado marinense e, por extensión, do resto de Galicia, a 'sumar todo o apoio posible' a esta convocatoria 'cívica e desvinculada de calquera partidismo'.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal