>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tiruleque
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 17 / 10 / 10 )



Cando deron o seu primeiro concerto non tiñan nome mais, dun xeito inconsciente, aquel día producíuse a xestación dun proxecto que os levou a percorrer un longo camiño. Pasaron sete anos daquela. Durante este tempo foron evoluíndo dende un repertorio totalmente tradicional até acadar un son propio que agora frorece en forma de álbum. O Cebreiro, Bretoña. Castro d´Ouro, O Viso, Pardiñas, Vigo, Burela, Couso, Ortigueira e, coma non, A Coruña son algúns dos lugares do noso país polos que Tiruleque levou a súa música.

Tiruleque é un grupo que, como tal, creeu nutríndose das actuacións en vivo. A súa alma é festeira e, polo tanto, é nos seus concertos onde desprenden toda a súa maxia. Consecuentemente, este álbum que tes nas túas mans é un traballo de estudio, mais coa esencia do directo, na procura de transmitir a verdadeira natureza da súa música.

Seica haberá quen os acuse de se afastar da tradición; mais so aqueles que ignoran que a tradición foi vangarda. Partindo da instrumentación con sons tradicionais (cómpre lembrar que os seis integrantes do grupo son gaiteiros), Tiruleque abríuse a outras músicas e ritmos que enriqueceron o seu repertorio. Neste traballo atoparás composicións de seu e pezas tradicionais arranxadas ao seu xeito, nas que os verás viaxar dende as muiñeiras, xotas, pasodobres ou rumbas do noso país até o klezmer, a bossa nova ou mesmo o ská.

I é que os Tiruleques, como boas personaxes teatrais, non so teñen unha cara, senón que poden mudala ao seu antollo. Así que ista é unha obra poliédrica para disfrutar na casa, no coche, na tasca... dende o mencer até o luar. Déixate engaiolar. Tirulequízate!


Bruno Sanxurxo.



- Tiruleque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal