>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O Grelo Folc 2010

(ultima actualización: 16 / 10 / 10 )





A Asociación Cultural O Abordelo de Monfero convoca unha vez máis aos/ás adeptos/as do Grelo Folc a unha nova edición, que se celebrará o día 23 deste mes de outubro no Mosteiro da Cela de Monfero, baixo a súa xa tradicional carpa.

Nesta ocasión poderemos presenciar un evento no que se mesturan os máis variados estilos: dende o tradicional de Alalé ao psicofolk de Ulträqäns, do punk-rock de Zënzar á mestizaxe de Sacha na Horta ou ao toque dixie jazzístico da Magnifique Bande dos Homes sen Medo...

Alalé: Grupo irlandés de folc fusión que percorreu Europa coa súa música, participando tamén no Festival de Pardiñas e o Irmandiño de Moeche.
Ulträqäns: Psicodelia enxebre composta por catro patas e un rabo que prometen 75 minutos carentes de piedade no que rebordan retranca, irreverencia punk e calidade musical ao unísono.
Zënzar: Decano do rock galego en activo, con arroutadas punks, heavys e tradicionais. Nos seus máis de vinte anos de historia cántanlle a Meirama, a súa aldea, dende unha condición de galegos sen complexos.
Sacha na Horta: Música mestiza para bailar nos torreiros das leiras, ao tempo que reivindica o xeito no que as mulleres empuñan a gadaña contra o mundo.
Magnifique Bande dos Homes sen Medo: Non-charanga de ventos e percusións que no troques de pasodobres e cumbias amósanos o rostro canalla do jazz, fox-trot e outros estilos que demostran que o antigo tamén é ben divertido.

A celebración comeza cun xantar popular, ao que se haberá que anotar antes do día 16 no teléfono 679251163 ou no correio-e oabordelo@gmail.com, continuando pola tarde con xogos e repichocas ata o comezo do concerto ás 23 horas.

http://oabordelo.blogspot.com


Noticia enviada por Foliadeiro

- Grelo Folc- Alalé- Ulträqäns- Zënzar- Sacha na Horta- Homes sen Medo -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal