>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Feira Histórica Arteixo 1900: “Arteixo e o estraperlo”
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 16 / 10 / 10 )





Música, tradición, gastronomía, historia, xogos, bailes e, nesta ocasión, os estraperlistas como protagonistas.


A Feira Histórica Arteixo 1900 chega este ano a súa XI Edición cun programa repleto de actividades para todos os gustos e idades.

A alcaldesa do Concello, Pilar Souto, presentaba o evento esta mañá, acompañada polo Concelleiro de Cultura, Festas e Feiras, Xosé Andrés Gayoso, e a técnico de cultura, Sonia Iglesias, nun acto celebrado na sala de exposicións do Centro Cívico e Cultural.


No mesmo recinto, inaugúrase esta tarde ás 20:00, a mostra de fotografías e obxectos antiguos da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Arteixo, que permanecerá ate o 17 de outubro próximo.

O vindeiro venres, 15 de outubro, ás 17:00 horas, Arteixo volverá ao 1900 coa apertura do mercado de artesáns que fará as delicias de todos os visitantes que se acheguen durante a fin de semana ao paseo fluvial e praza do balneario.


O mesmo día ás 20:00 horas, mercado do Balneario e churrascada e, de seguido, noite de queimada co grupo Troula Animación. Será na praza do balneario que acollerá tamén ás 22:30 un pasarrúas coa charanga “Os Trompos das Nicras” e verbena con “Los mezcales de San Antonio” e “Los Revenidos”.

O sábado 16, apertura do mercado de artesáns e das casetas das bibliotecas municipais “facendo historia” ás 11:30. Unha ronda poética do batallón literario da compañía Femme Fatale percorrerá as rúas do municipio e o paseo fluvial acollerá un obradoiro infantil sobre o estraperlo

A comitiva 1900 sairá ás 12:30 horas para inaugurar oficialmente a feira e a mañá rematará cun espectáculo de títeres no paseo fluvial e sesión vermú con polbada e churrascada na praza do balneario.

Pola tarde comezarán ás 16:00 os xogos populares coa xa tradicional baixada de carriladas, torneo aberto de xadrez, fútbol e boxeo de época co árbitro zancudo e xogos populares infantís con obradoiro de elaboración de faldriqueiras.


Como novidade, record de Galicia a cargo da asociación de Deporte Rural Vasco en corte con hacha, tala de madeira con motoserra e levantamento de pedras.

O público asistente poderá disfrutar tamén da granxa do Pombal e verá aos estraperlistas facendo o día.

Na praza do balneario celebraráse unha polbada a partir das 20:00 horas na Tarabela, novas cantareiras da Asociación Xuvenil Xiradela, e Calúa poñerán a música popular.

Pola noite chegará o menú tradicional 1900 con música en vivo que terá lugar no Pazo dos Deportes de Arteixo, mentres que a praza do Balneario será o escenario da VI Ruada de Arteixo da Asociación Xuvenil Xiradela.

O domingo 17, último día para pasear e mercar nos postos de artesanía que estarán acompañados pola Banda de Música Santiago de Arteixo.

Haberá tren turístico e xincana infantil, e degustación de callos con sesión vermú na praza do balneario.

Pola tarde, xogos infantís e actuación dos grupos de baile galego e pandeireta do CEIP Ponte dos Brozos.


Os arrieiros de Os Quinquilláns emprenderán unha viaxe fantástica ás 18:00 horas e atoparánse con distintas personaxes e os máis pequenos poderán participar no obradoiro de elaboración de mosaicos.

A praza da igrexa acollerá a partir das 19:00 horas un baile de acordeón con acompañamento vocal ambientado nos anos 30 e así pecharánse as portas do 1900 ata unha vindeira edición.



- Xiradela -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal