>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Arrinca o novo curso Retrouso

Ver en Malmequer

(ultima actualizaci�n: 5 / 10 / 10 )





A Asociación Cultural Retrouso inicia esta semana o curso 2010/2011 das Escolas Retrouso, cunha ampla oferta de actividades vinculadas á cultura tradicional. Mantense o forte volume de clases programadas, xestionando nada menos que 17 grupos de alumnos e alumnas cada semana.

As actividades son baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral. Todas elas con espazos reservados para iniciación ou perfeccionamento e algunhas consegmentación por idades.

As principais novidades deste curso son a incorporación de Miguel Sotelo como responsableda área de baile, en substitución da viguesa Margarita Pérez; e de Andrea Gómez Navarrete como directora da Escola de acordeóns "Mª Teresa Pedrouso", que desde o falecemento da buenense Mª Teresa Pedrouso o pasado novembro viña sendo xestionada por Manuel Olegario Rodríguez.

Polo demais, Retrouso fixo un enorme esforzo por manter o potente cadro de profesores cos que conta: Guillerme Ignacio (Quempallou, Tear de Llerena) como mestre de canto e pandeireta; Alberto Costas (Os Carunchos) en percusión; Cristóbal Prieto (Tebras do Hío, Pumar e Prieto...) como mestre de gaita e Carme Pereira (Quodlibet) como responsable do Coro de Cela. Tania G. Ruibal dará as clases de iniciación de canto e pandeireta e Débora Pena as de baile.

Todas as actividades se celebran no Complexo Cultural de Cela (Bueu). Ata o de agora o número de matriculados ascende a 125 persoas de toda a península do Morrazo.Os interesados poden achegarse ata as clases nos horarios indicados, escribir a retrouso@gmail.com ou chamar a estes teléfonos: 626 913 849 (Lorena) - 647 607 467(Débora).


- Retrouso de Cela -


NOVAS RELACIONADAS:



Horarios das Escolas Retrouso 2010/2011
http://www.blogoteca.com/retrouso/index.php?cod=89609


Martes
18-19h: Acordeón. Xuvenil. Andrea Gómez Navarrete
19-20h: Acordeón. Infantil. Andrea Gómez Navarrete
20-21h: Acordeón. Adultos Grupo 1. Andrea Gómez Navarrete
21-22h: Acordeón. Adultos Grupo 2. Andrea Gómez Navarrete
20.30-22h: Coro. Carme Pereira

Mércores
20-21-30h: Baile. Iniciación adultos. Débora Pena

Xoves
16-17.30h: Baile. Iniciación infantil. Débora Pena
17.30-19h: Baile. Perfeccionamento infantil. Débora Pena
20-21h: Percusión. Iniciación. Alberto Costas
21-22h: Percusión. Perfeccionamento. Alberto Costas

Venres
18-19h: Canto e pandeireta. Iniciación infantil. Tania G. Ruibal
19-20h: Canto e pandeireta. Iniciación adultos. Tania G. Ruibal
19-20.30h: Canto e pandeireta. Perfeccionamento infantil. Guillerme Ignacio.
20.30-22h: canto e pandeireta. Perfeccionamento adultos. Guillerme Ignacio.

Sábado
10-12h: Baile. Perfeccionamento adultos. Miguel Sotelo
11-12h: Gaita. Iniciación. Cristóbal Prieto.
12-13h: Gaita. Perfeccionamento. Cristóbal Prieto

As actividades desenvolveranse no Complexo Cultural de Cela (Bueu).















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal