>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

OuTonalidades 2010
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 21 / 9 / 10 )





O OuTonalidades volta a unir Portugal e Galiza, a través dunha alongada rede de espazos que abren portas á música que se fai,,en cada caso,, alén do Miño. Do 22 de Setembro ao 18 de Decembro, durante 13 fins de semana, o programa presenta 70 concertos de 25 grupos, constituíndose como a maior rede de música ao vivo da Península Ibérica, froito do convénio existente dende 2008 entre a d’Orfeu Associação Cultural e AGADIC/Xunta de Galicia.

Conságrase, así, o terceiro ano de cooperación entre o OuTonalidades e a Rede Galega de Música ao Vivo, circuitos conxéneres dos dous lados da fronteira, proporcionando agora a presencia de 5 grupos portugueses en Galicia e 5 grupos galegos en Portugal, nun total de 36 concertos en réxime de intercámbio luso-galaico.

Reafirmando o seu carácter ecléctico e plural, o 14º Outonalidades presenta unha diversidade de estéticas musicais para todos os ouvidos outonais: do jazz ao tradicional, do rock ao fado, do ska aos blues, da electrónica ás músicas do mundo.


Dende as marés vivas da Coruña, no norte de Galicia, ata á acalmia do sur algarvio de Tavira, o 14º OuTonalidades percorrerá 22 espacios, que seran palco das músicas de ambas as bandas do Miño. Concretamente en Galicia, os espectáculos teran lugar en Santiago de Compostela, Allariz, A Coruña, Ourense, Vigo, Bueu e Lugo.

A cada ano, o OuTonalidades afírmase como circuito referencial de música ao vivo de pequeno formato, gañando, á larga escala, dimensión e notoriedade. Asúmese como un importante vehículo de divulgación e circulación de pequenos grupos e artistas, ao mesmo tempo que confere dinamismo cultural a unha rede de espacios performativos, bares asociativos e cafés-concerto.

Tendo Águeda (Portugal) como ponto de partida, onde comezou por ser un pequeno roteiro musical polos bares da cidade, e constituíndose como unha das iniciativas pioneiras da d'Orfeu, que este ano celebra o seu 15º aniversário de actividade cultural, o OuTonalidades mantense fiel á sua xénese: unha oferta musical rica en diversidade e diversión.

www.dorfeu.pt
www.facebook.com/outonalidades
www.myspace.com/outonalidades2010



PROGRAMACIÓN



João Gentil e Luís Formiga | Músicas do Mundo
http://www.myspace.com/joaogentileluisformiga
Co sopro do fole do acordeón e o pulsar da percusión, xurde o convite para unha viaxe polas músicas de todo o mundo.
Mércores 22 Set | Ultramarinos, SANTIAGO DE COMPOSTELA;
Xoves 23 Set | Jazz Filloa, A CORUÑA;
Venres 24 Set | Aturuxo Bar, BUEU;
Sábado 25 Set | Contrabajo, VIGO


Fados a Preto e Branco | Fado
www.myspace.com/ruioliveirafado
O Outonalidades transfórmase en casa de fados e faise silencio para ouvir, a preto e branco, os grandes clásicos do fado-canción.
Xoves 28 Out | Ultramarinos,SANTIAGO DE COMPOSTELA;
Venres 29 Out | Contrabajo, VIGO;
Sábado 30 Out | Clavicémbalo, LUGO;
Domingo 31 Out| Aturuxo Bar, BUEU


Desbundixie | Jazz Dixieland
www.myspace.com/desbundixie
Nunha viaxe ata a New Orleans do princípio do século XX, este colectivo portugués trae aos palcos do OuTonalidades o espírito livre do jazz popular: o dixieland.
Xoves 11 Nov | Jazz Filloa, A CORUÑA;
Venres 12 Nov | Contrabajo, VIGO;
Sábado 13 Nov | Clavicémbalo, LUGO;
Domingo 14 Nov | Aturuxo Bar, BUEU


Duo Sofia Vitória e Luís Figueiredo | Jazz
www.myspace.com/sofiavitoria
Unha das máis brillantes cantoras da nova xeración canta Chico Buarque e as súas personaxes femininas.
Martes 16 Nov | Jazz Filloa, A CORUÑA;
Mércores 17 Nov | Ultramarinos, SANTIAGO DE COMPOSTELA;
Xoves 18 Nov | Clavicémbalo, LUGO;
Venres 19 Nov | Contrabajo, VIGO


Grupo João da Ilha | Acústico pop folk
www.myspace.com/joaodailha
Dono dunha voz cálida e intimista, João da Ilha fai dos Açores o seu universo de inspiración, cuxa xénese de influencias carrega unha sonoridade acústica viaxeira.
Mércores 1 Dec | Auriense Café Cultural, OURENSE;
Xoves 2 Dec | Ultramarinos, SANTIAGO DE COMPOSTELA;
Venres 3 Dec | Clavicémbalo, LUGO;
Sábado 4 Dec | Café Cultural Roi Xordo, ALLARIZ



- Outonalidades -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- AturuxoBar- auriense- Clavicembalo- filloa -






Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal