>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

III FERVENZA DE MÚSICAS EN OUZANDE, A ESTRADA
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 9 / 10 )





A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)
Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Gharatuzas (Santiago)
Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco.
Anímate e participa. Podes traer os teus instrumentos. A festa remata cando ti queiras.
Temos estas fermosas camisolas á venda na Taberna de Ouzande e no Café A Farola da Estrada. Tamén estarán á venda na Foliada.


Noticia enviada por a fervenza de ouzande

- A Fervenza de Ouzande -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal