
[Sábado, 04 de Setembro do 2010 ás 22h. en Praza das Pontes (Cangas do Morrazo)]
A asociación cultural Lembranzas da Ría celebra o seu primeiro festival de baile e música tradicionais, e faino como peche ás Festas do Cristo de Cangas do Morrazo. O Festival terá lugar na Praza das Pontes en Cangas (ao lado do concello, onde se fan todos os concertos do verán) e a data elixida será o sábado 4 de setembro ás 22h., día en que rematan as Festas do Cristo.
O Festival contará coa participación das diferentes formacións da A.C. Lembranzas da Ría (grupo infantil, grupo de baile, charanga e pandereteiras) e co grupo de baile e a banda de gaitas da Asociación Folklórica El Piñote (Pola de Siero - Asturies). E para rematar, ás 24h., porá o broche de ouro o concerto de TAGHAITAÍ!!!, grupo formado por Iván Costa, Edelmiro Fernández, Manolo Maseda e Lola Fernández, que practicamente veñen presentarse ao público con esta formación neste Festival.
Esta é, polo tanto, unha ocasión única...
- A.C. Lembranzas da Ría
- A.F. El piñote
- TAGHAITAÍ!!!
A festa está asegurada, non volo perdades!!
|