>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Terra Brava 2010

(ultima actualización: 28 / 8 / 10 )





O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 29 DE AGOSTO

Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá completan a proposta musical deste ano.

O Incio, 25 de Agosto de 2010. Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.
As actividades comezarán pola mañá coa actuación da murga tradicional Os Campantes da Baña, que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada pola murga e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.
Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se completa con A Tuna Rastafari e a súa festa e baile sen descanso, Pan de Capazo - pura enerxía dende a música de raíz -, e Medomedá, que nos presenta o rock galego máis irreverente e divertido do momento. En palabras de Luís Pombo, un dos organizadores, “ano tras ano o festival procura actividades e actuacións para todos os gustos, para a xente nova e para os que vivimos unha segunda xuventude”.
O Festival está organizado pola Asociación Cultural Terra Brava, e conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Xacobeo 2010.


Noticia enviada por Foliadeiro

- Terra Brava- Tuna Rastafari- Pan de Capazo e Medomedá -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal