>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

III Mostra do Traxe Galego e da música tradicional
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 28 / 8 / 10 )





A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide organiza o sábado 28 e o domingo 29 de agosto, na Praza do Convento, a III Mostra do Traxe Galego e da Música Tradicional.
Unha fin de semana para a cultura a través dos sons e dos xeitos de vestir que nos son propios e nos identificaron e identifican como pobo.
Toda a programación desta fin de semana, nesta web.

SÁBADO, 28 DE AGOSTO

Na Praza do Convento

11.45 h Inauguración co grupo de música tradicional Os Rueiriños

12.00 h Obradoiro de enredos musicais con Emilio Lois

18.00 h Grupo de música e baile tradicional Os Rueiriños

19.30 h Animación de rúa cos Terribles de Donas

21.00 h Concerto de portadores con Manuel Viqueira de Ordes

23.00 h Actuación musical con LIMAGOIA (No Cantón de San Roque)

DOMINGO, 29 DE AGOSTO

Na Praza do Convento

12.00 h Obradoiro de xoguetes sonoros con Xaneco Tubío

18.00 h Grupo de música e baile tradicional A Ponte Vella

19.30 h Desfile de traxes tradicionais da Asociación do Traxe Galego

22.00 h Concerto musical co grupo LUDOVAINA

EXPOSICIÓNS


11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Capela de San Antón:
O Traxe Tradicional Galego. Exposición de traxes tradicionais.

11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Praza do Convento
A música tradicional galega nos camiños xacobeos.
Mostra de instrumentos antigos, vestiario, fotografías e outros obxectos relacionados coa música tradicional nas zonas polas que discorre o camiño xacobeo.

ARTESÁNS

Na Praza do Convento

Horario dos stands: 11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h
  • Oli Xiráldez (gaitas e requintas)
  • Lorena Reinaldo (arpas)
  • Xaneco Tubío (percusión e zanfonas)
  • Pablo Carpintero (percusión e zanfonas)
  • Master Gaita (controlador midi con dixitación de gaita)
  • Cristóbal Prieto (pitos, frautas e requintas)
  • Alfonso Castro



- traxe galego -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal