>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Noite dos Encantos na furna do Osmo (Corme)

Ver en Malmequer

(ultima actualización: 27 / 8 / 10 )





O dia 27 de agosto, celebraráse outro ano máis (e xa van 12), unha nova edición da noite dos encantos na furna do osmo, en Corme, no corazón da costa da morte.

A festa de este ano contará ca presencia de 6 grupos de distintos estilos musicais e estará presentada polo actor e humorista de fene Bitxobola.

@s artistas de esta edición son:

Folkolicos.- por fin volta este grupo ,que tras 2 anos de ausencia, transmitirán as suas ondas de... folk e rock; tan tradicionais na furna.

Fanki bruster.-grupo coruñés de recente creación que experimenta con ritmos funks.

Chotokoeu.-pachanga e musica bailable desta banda da coruña,que coa sua mestura de ritmos farán bailar a toda a furna.

Furnier.-mítico cantante de hip hop de compostela,que coas suas letras corrosivas fará as delicias das amantes da poesia.

García.-un dos membros do grupo dios ke te crew, tocará uns temas en solitario.

Ursus.-os amantes do hard-core e o crust tamén gozaran con estes veteranos artistas neste eido musical.

Pan de capazo.-instrumentos tradicionais mesturados co folk máis actual.

Neste ano,coma no pasado,a recaudación irá destinada a solidaridade co povo mapuche, habitantes orixinarios do cono sur de latinoamerica que estan a sufrir no seu territorio unha nova conquista politico-economica por parte das empresas transnacionais e o estado chileno e arxentino.

Esta solidariedade temos que mostrala hoxe mais que nunca,xa que dende o pasado 12 de xullo,mais de 30 mapuches encarcelados no estado chileno están en folga de fame.

Convidarvos a todos a desfrutar desta nova edición do concerto que agardemos nos faga desfrutar tanto coma os anteriores


Noticia enviada por Foliadeiro

- Noite dos encantos- Pan de capazo- chotokoeu -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal