>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXXI Edición da Festa do Gaiteiro, 21 de Agosto
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 20 / 8 / 10 )





Avelino Cachafeiro Bugallo é un dos persoeiros máis importantes do noso panorama musical tradicional galego.
Nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899.
Avelino Cachafeiro, acostumado desde a súa nenez ó son da gaita, debido a que o seu avó e o seu pai foron tamén gaiteiros, non tardou en formar un grupo familiar de gaiteiros, constituído polos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que de modo ocasional tocaba o pandeiro. Avelino era a alma do grupo, como director e compositor, as súas actuacións caracterizábanse polo baile e por contar chistes. Non tardaron en ser coñecidos por toda a comarca e tamén alén dos mares, co alcume de “Os Gaiteiros de Soutelo”.
Avelino é nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra, e con só 25 anos preséntase a un concurso en Santiago onde se dirime quen é o mellor gaiteiro de Galicia. Un concurso con parte literaria, onde se presenta xente coma Otero Pedraio, Vicente Risco, Filgueira Valverde, e que o final ganaría Eladio Rodríguez González.
Otero Pedraio cualificaba a Avelino como “O grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne pro esprito como o máis rexo e armoño Carballo do bosque antigo”.
O Concello de Forcarei organiza este ano a XXXI edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo, concebida coa finalidade de homenaxear a súa figura, tanto humana como artística.

VENRES 20

23:00 H                      CONCERTO FOLK DE  “FIA NA ROCA”

NA PRAZA DA IGREXA DE SOUTELO- PATROCINADO POLO XACOBEO  E A DEPUTACION DE PONTEVEDRA

SABADO 21

10:00 H           PASARRÚAS DAS BANDAS DE GAITAS
10:30 H           APERTURA “FEIRA DE ARTESANÍA”
11:00 H                      ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS “BUXAINA” DE TARAGOÑA (RIANXO)
11:30 H           ACTUACIÓN DO GRUPO VAGALUME DE ALCALA DE  HENARES
12:00 H           ACTUACIÓN DO GRUPO “LUME NA LAREIRA”
12:15 H           ACTUACIÓN DO GRUPO “O FIADEIRO”
13:15 H           SAUDA DO ALCALDE
13:30 H           PREGÓN POR D. XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS
13:45 H           ACTUACIÓN DE MANUELA CORTIZO MEDAL
14:00 H           ENTREGA DE MEDALLAS
14:20 H           IMPOSICIÓN DO  EMBAIXADOR DA FESTA
14:30 H           INTERVENCIÓN DE PILAR ROJO NOGUERA, PRESIDENTA DO PARLAMENTO GALEGO
14:40 H           ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI, INTERPRETARÁN O HIMNO GALEGO CON VOZ DA CANTANTE   ALMUDENA JANEIRO
15:00 H           TRAILER CAMPAÑA GADIS “SUPER GAITEIRO”
17:00 H           ACTUACIÓN DE “A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO”
17:30 H           XII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “GAITEIRO DE SOUTELO”
18:30 H           ACTUACIÓN DO RANCHO FOLKLORICO DE VILA DE PRADO DE VILAVERDE – PORTUGAL

22:30 H           CONCERTO NA PRAZA DO GAITEIRO EN HOMENAXE A JOSÉ FIRVIDA CACHAFEIRO “ MADURO”

  • LUME NA LAREIRA
  • DIPLOMATICOS DO ACORDEON

HABERÁ PULPEIRA E CARPAS
POLA TARDE HABERÁ INCHABLES E XOGOS PARA OS MÁIS PEQUENOS





- Festa do Gaiteiro- Soutelo- Fia Na Roca- Lume na Lareira- Diplomáticos do Acordeón -
- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal