>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VIII NOITE FOLK de Negreira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 18 / 8 / 10 )





SÁBADO 21 / a partir das 18:00 h.

Praza do Concello

Actuación de AVELAIÑA, CHARANGA VAI DE RODA e PEPE VAAMONDE GRUPO

Nesta oitava edición poderemos escoitar o grupo Avelaiña, formación que foi seleccionado polo INJUVE 2006 no seu apartado de Música Folk Nacional, formou parte da representación de Galicia na Feira Internacional MIDEM 2007, finalistas do Concurso Internacional Folk Navelgas 2008, ten actuado en festas e romerias importantes, ofrecendo concertos no só en Galicia, tamén en Cantabría e Asturias.

A charanga Vai de Roda é unha asociación de música e baile tradicional que nace co fin de promover e divulgar a música e baile tradicional. Dende o ano 2004 levan feitas centos de actuacións amosando o seu bo facer en diversos actos e festivais. Son os organizadores do “Serán Mar de Rianxo” un dos mellores festivais de música e baile tradicional da nosa terra.

Por último temos que destacar a actuación de Pepe Vaamonde grupo, un proxecto nacido no ano 2001 e que está formado por intérpretes cunha dilatada experiencia musical. Son unha formación feita para “o directo” o que os levou a tocar nos mellores festivais de Europa demostrando que son un dos mellores grupos do panorama folk galego.

Colabora: Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Exma. Deputación Provincial de A Coruña



- Avelaíña- Pepe Vaamonde Grupo- Noite Folk- Negreira -
- Vai de Roda -












COMENTARIOS:



presumir de que participaba BERROGUETO non tivo sentido; non é de extrañar que os da organización olvidaranse de poñer no video a vai de roda, despois de que fardaran tatno de que iban a a actuar con BERROGUETO como se estar o lado do grupo nativo AVELAIÑA e do gaiteiro PEPE VAAMONDE non fose suficiente.

Enviado por Vai de Negreira o 16/9/10 ás 10:45h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal