
Xa está en marcha a XII Festa Folk na fin do Camiño. O vindeiro sábado 21 de agosto a Asociación Cultural Anchoa ten preparada na Anchoa de Fisterra unha festa de primeira.
Unha festa que aposta pola música folk do país. Este 2010 son 4 bandas galegas as que completan o cartel. De feito, 2 dúas das bandas que tocaron o ano pasado na Anchoa o farán este ano na Carballeira de Zas.
PROGRAMA DA xii FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO A partir das 13:00h da tarde poderemos disfrutar dunha completa Degustación de polbo á feira, mexillóns, zamburiñas, empanada... amenizada pola Charanga Vendabal de Fisterra. Tamén haberá obradoiros e inchables para os máis pequenos. E por suposto, non faltará a tradicional Queimada.
Festival Folk E pola noite, a partir das 22:00h, a música toma o protagonismo no Festival Folk. Estas son as 4 bandas galegas que subirán aos escenario.
A Crus de Baixar (Fisterra) Mercedes Peón (www.mercedespeon.es.). A Banda de Balbina (Brión, www.myspace.com/raindoguitarra). O Sonoro Maxín (Ourense, www.myspace.com/osonoromaxin).
|