Despois do éxito obtido en anos anteriores, os vindeiros días 4 e 5 de xullo celebraremos a III FESTA DA CONROBLA.
A CONROBLA: Era unha festa que se celebraba fai anos ó remate de calquera actividade tanto relacionada coa vida no campo como na vida cotiá. Na nosa comarca, está máis relacionada esta tradición ó tempo da malla. Unha vez que se acababa de mallar nunha aldea, entre todos os veciños que participaban nelas facían unha festa na que non faltaba nin gaiteiros nin bailaríns, e por suposto había viño e comida a encher, esto prolongábase asta que o corpo aguantase.
A programación prevista para este ano é a seguinte:
VENRES 4 10 da noite: Lectura do pregón no Campo do Rosario (Boimorto) Invitación á queimada e combinado infantil
SÁBADO 5 11 da mañá: Pasarrúas co grupo Maristela (Sobrado dos Monxes) 6 da tarde: Xogos populares (extórnela, carreira de sacos, zancos e corda) no campo da piscina municipal. Haberá trofeos para os mellores. 9 da noite: Cea con churrasco e callos. 10 da noite: Abrindo a romaría, actuación de MINI E MERO. E de seguido… todos nos!!
Recibide un cordial saúdo
Os Santiaguiños
|