>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festa da Prehistoria 2010. « Mos
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 7 / 8 / 10 )





PROGRAMACIÓN – FESTA DA PREHISTORIA (9ª EDICIÓN, 2010)

6 e 7 de Agosto de 2010


ACTIVIDADES PARALELAS

  • EXPOSICIÓN: Do 15 de Xullo ó 21 de Agosto no Pazo de Mos ”ARTE RUPESTRE, OS PETROGLIFOS NO PAPEL“, pinturas de Manuel Ledo (experto en arqueoloxía, prehistoria e membro da asociación cultural “festa da Prehistoria”).
  • EXCURSIÓN: Domingo,18 de Xullo, ROTEIRO DOS PETRÓGLIFOS DE LOUREDO.
    Saída as 10 da mañá dende o Pazo de Mos – Capela de San Gregorio – Pedra das Cruces – Petróglifo do Salgueirón – Alfacuca (aldea abandonada en proceso de recuperación) – petróglifo de San Antoiño. Remate do roteiro (13:30 h. aprox.)

2º FIN DE SEMANA DE AGOSTO

VENRES 6 DE AGOSTO

  • DÍA DA INVOLUCIÓN: o longo de todo o día irán chegando as primeiras tribos ó poboado da Penacova.
  • 21:00 h.: Proxección das Curtas da Prehistoria e pola noitiña música de charanga e grupo de percusión.

    SÁBADO 7 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

    Pola mañá

  • OBRADOIROS: Útiles de Pedra, técnicas para facer lume, pintura corporal, elaboración de pan e moda prehistórica para os que chegan sen pelexo.
  • DEMOSTRACIÓNS: Tiro con arco e tiro con propulsor.
  • EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país (coa colaboración especial da revista “A RETRANCA”).
  • TÍTERES: a compañía “TANXARINA” presenta o seu novo espectáculo “Troglodita”.
  • GASTRONOMIA: Carne ó caldeiro, polbo á feira e asados.
    Pola tarde:
  • ATA QUE NA COVA: Enfrontamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha. Despois da loita o chamán “Tatán” será o encargado de dar a benvida ás tribos participantes, intercambiar agasallos e transmitirnos a mensaxe dos espíritos.
  • XOGOS OLÍMPICOS entre as tribos e a carreira de relevos “NA PROCURA DO LUME”.
  • Construción do Monumento Megalítico. LEVANTAMENTO DO MENHIR. ¿seremos capaces de mover unha pedra de 2.000 Kg? ¿e poñela de pé? … que non cho conten, ven a velo.
    Pola noite:
  • RITUAL DE INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS DA MÁMOA DA PENACOVA.
  • CONCERTOS de:

PESDELÁN                  O SONORO MAXÍN                  FALPERRYS




- Sonoro Maxín- Pes de Lan- Festa da Prehistoria -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal