>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Guadi Galego, Marful e Uxía. Músicas Portuarias en Vilagarcía De Arousa
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 8 / 10 )





A Alameda de Vilagarcía volverá a encherse de música da man do ciclo de concertos ao aire libre ‘Músicas portuarias’ organizado pola concellería de Cultura coa colaboración de A Central Folque. A programación deste ciclo céntrase en tres das voces femininas máis importantes da Galicia, que presentarán en Vilagarcía os seus últimos proxectos: o Marful de Ugía Pedreira, Guadi Galego co Alejandro Vargas New Trío e o Uxía Trío.
Os concertos, que serán de balde, terán lugar o venres 6, o sábado 7 e o domingo 8, a partir das 22.30 horas.

O ciclo de ‘Músicas Portuarias’ é un escaparate desde 2008 das músicas actualizadas de influencia mariñeira, eses ritmos que cruzaron mares e deron froitos híbridos de mistura. O ciclo naceu en Ferrol no 2008 e este ano inaugura unha nova sede en Vilagarcía con tres concertos especiais de artistas galegas de recoñecemento e carreira internacionais para o deleite da audiencia nun elenco escollido especialmente para amenizar as noites de verán na capital arousá, destacando as voces femininas de Ugía Pedreira, Guadi Galego e Uxía Senlle, tres cantoras do mar con fortes vínculos coa ribeira.

Guadi Galego
O Ciclo inaugurarase o venres 6 co novo proxecto da cantante de Cedeira Guadi Galego (ex Berrogüetto e Nordestin@s ) que compartirá palco co trío de Alejandro Varga, pianista cubano que practica un cálido jazz latino. Xuntos farán un repaso polo último traballo en solitario de Guadi, “Benzón”, gañador do premio ao mellor disco folk do ano nos premios Opinión da Música. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop.

Marful
O sábado 7 será o turno de Marful, unha das referencias na nova música popular urbana galega, unha banda con músicos curtidos nas mellores bandas que se xuntan neste proxecto para renovar o estilo das cancións de sempre e dos ritmos dos salóns de baile e os cafés cantantes. Ao frente, a presenza da grande voz da Mariña, carismática Ugía Pedreira, veciña da ría de Arousa.

Uxía Trío
O ciclo péchase o domingo 8 con unha das artistas máis internacionais. Nesta ocasión presentarase en formación de trío, acompañada polo brasileño Serrgio Tannus (guitarra e cavaquinho) e o uruguayo Alejandro Luzardo (guitarra), dous instrumentistas delicados e virtuosos que a acompañan nesta proposta acústica na que, ademais dos temas do último disco de Uxía, ‘Eterno Navegar’, haberá versións dalgúns dos temas máis representativos dos 25 anos de carreira da cantante


- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal