>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa da Carballeira de Zas
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 2 / 8 / 10 )





Contan os vellos do lugar, que hai oito anos, na Carballeira de Velar, os trasnos quedaron namorados do son da trikitixa (acordeón diatónico). Contan que dende entón, nas noites do verán, aínda se pode escoitar o son da trikitixa, tocada polos trasnos, e que os carballos acompañan batendo as polas semellando as txalapartas.
Este ano van volver a rememorar estes sons, e van aprender novas melodías para que sigan tocando nas noites do verán.
Os trasnos recibiron estas novas con moita ledicia, e xa fixeron as ofrendas necesarias para que os deuses nos traian un bo dia. Xa remataron as brebaxes fermentadas para o evento. Xa limparon a carballeira dos malos augurios, e xa fertilizaron os carballos con po de estrelas.
Teñen todo preparado, para recibir as novas melodías e sons tradicionais, misturados cos máis avanzados sons folk, que cada ano flúen polo aire, coma unha brétema espesa, enfeitizando a todos os asistentes, para que volvan todos os anos.


Sábado a partir das 5 da tarde:
Grupos de baile da A.C Castro-Meda (Zas)
Grupo de baile Donaire (A Coruña)
Banda de gaitas Maruxía (Laxe)

Sábado partir das 10 da noite:
Clan Maragato (Lugo)
Quenpallou (Galicia)
Kepa Junkera (Euskadi)
Gwendal (Bretaña)
Banda Potemkin (A Coruña)

Acceso: 5€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.

Exposición: XXVII Carballeira, do 1 de Agosto ó 8 de Agosto, no Centro de usos múltiples do Concello de Zas.


- Festa da Carballeira- Quempallou- Banda Potemkin -
- AC Donaire -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal