>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ AFONSO

(ultima actualización: 31 / 7 / 10 )





SABADO 31 DE XULLO ÁS 22,30 H.
Praza da Torre.
REDONDELA
ENTRADA LIBRE

Eis a proposta de um grupo de músicos e cantores galegos e portugueses de diversa procedencia musical, constituídos en COLECTIVO ZECA AFONSO, que se apoian e colaboran para cantar as músicas deste importante creador portugués e cidadán exemplar, que mantivo fortes lazos afectivos e solidarios co idioma e a cultura galega.
PARTICIPAN: ( entreparéntese, os seus grupos de procedencia)
JOSÉ PUMAR, (Na Virada), voz, flauta, acordeón percusión galega
PILI GONÇALVES,( Os Carunchos) voz,percusión
TINO BAZ (Cantautor) voz, guitarra, percusión galega
ANA RIBEIRO (Canto de Intervenção Ass. José Afonso, Porto), voz, guitarra
HELENA SARMENTO,( Fadista,Porto) voz
XAN LÓPEZ (Ex-Treixadura), voz, guitarra
XICO DE CARINHO ( Na Virada), harmónicas, percusión.
NB.: Na foto adxunta, tres dos membros do Colectivo en recente participación de Homenaxe a J.Afonso no adro do Coliseu do Porto.

REPERTORIO: O Colectivo Zeca Afonso ofrecerá unha significativa mostra do repertorio de José Afonso nos seus diferentes estilos e épocas ( baladas, cantos de intervención ou de protesta, populares, solidarias,...). como Os Vampiros, Canto moço,Menino do Bairro negro,Alípio de Freitas, Balada de outono, Traz outro amigo também,A morte saiu à rua, Cantar galego, ou Virá de Coimbra, entre outros.
Para rematar, todos os membros do Colectivo cantarán os temas:
“O que faz falta” e o “ Grândola,vila morena”,.himno- contraseña que deu inicio á Revolución dos Caraveis que derrubou á dictadura salazarista.
ORGANIZA: Concellería de Cultura do Concello de Redondela.
COLABORA:Associação José Afonso (AJA)/Sociedade Cultural Na Virada
Moi atentamente
Francisco Peña Villar
Presidente da A.C. Na Virada















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal