
A Asociación cultural Saiñas de Xove vai celebrar o vindeiro sábado, 17 de xullo a VI FOLIADA DA MARIñA na carpa situada na praza do Centro Cívico de Xove.
Comezaremos sobre as 14:00 h. con pasarrúas e actuación dos gaiteiros de Saiñas. A partires das 18:00 h. terán lugar os xogos tradicionais para pequenos e maiores no parque do Centro Cívico.
ís 20:00 h. temos preparada unha cea popular que estará composta por empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10€. Repartiranse preto de 300 racións.
Sobre as 21:30 h. dará comezo a foliada na que pode participar todo aquel que o desexe cantando, tocando ou bailando.
De seguido, ás 23:00 h. comezarán os concertos cos grupos :
· Os Minhotos de Lugo
· Tanto nos Ten
· Quempallou
Continuará a festa rachada con máis actuacións a pé de rúa, ata que o corpo aguante.
Dende a Asociación queremos agradecer a colaboración de todas as institucións, organismos e comerciantes porque sen eles non seríamos capaces de organizar esta boa proposta festiva e cultural para toda a Mariña.
|