Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Páxina aberta de
Actualidadesical Galega

XML




   >> Iniciar Sesión  

 


 

CONCERTO HOMENAXE. ASOCIACIÓN INCLUSIÓN. 10 de Xullo en Sada

(nova engadida o día 6/ / 7/ / 10 )



8 ARTISTAS E FORMACIÓNS MUSICAIS ACTUARÁN NUN CONCERTO HOMENAXE EN SADA.

Varios artistas da escena musical galega participan nun concerto homenaxe moi especial, que xuntará nun mesmo escenario a cantautores e formacións musicais tocando en formato electroacústico.
París Joel, impulsor desta orixinal proposta, decidiu fai un tempo facer realidade aquela frase que dí que “as homenaxes é mellor facelas en vida”, e que a labor da Asociación Inclusión en xeral, e do seu presidente Ángel Alonso en particular, era merecedora dun recoñecemento público.
En pouco tempo conseguiu xuntar a un grupo de artistas que se sumaron a esta iniciativa, e que unirán a súa música e talento para facer máis visible a situación desas persoas que teñen máis problemas que os da maioría para facerse camiño pola vida: os seus exemplos de superación son inspiradores e merecen ser coñecidos e respectados. Como tamén merecen recoñecemento, neste caso, as persoas que se moven e loitan por que a “inclusión” dos diferentes colectivos inxustamente apartados, sexa unha realidade na nosa sociedade.

Por iso este concerto quere ser unha homenaxe en positivo. Un festexo dos logros conseguidos ata aquí. A celebración de que, aínda que queda moito por conseguir, hai xente que segue dando pasos e mobilizando conciencias para abrir portas.
A música porá o gran de area da súa enerxía para axudar a conseguilo. A cita será o vindeiro sábado 10 de xullo ás 20:30h. no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns, en Sada, coa colaboración da Concellería de Cultura.
A entrada a este acto será gratuíta ata completar o aforo.


MÚSICA E CURTAMETRAXES EN ESCENA:
8 formacións musicais, entre cantautores e grupos de A Coruña e Lugo participarán neste acto:
Artistas como David Taboada, José Luís Paz, César de Centi, Xurxo Mares ou o recentemente “Premio Nacional da Música” Carlos Bau tocarán cancións do seu repertorio, acompañados por formacións como Stados Altera2, o trío de Álvaro Muras ou a formación do “alma mater” do evento, París Joel & the Leiro´s Blues Band.

O concerto dividirase en tres fases, que irán enlazadas polo fío das curtametraxes de Ángel Alonso. Nelas pódese descubrir un berro pola xustiza, unha chamada de atención sobre as dificultades e obstáculos que teñen que sufrir determinados colectivos, e que moitas veces se ven agravadas por unha sociedade que mira para outro lado, ou que directamente da as costas e pecha portas.



COMENTARIOS:

 




Engade o teu..

Antes unha preguntiña ben sinxela
(tanteando a robots pesados..)

2 + 2 =

?

Comenta..

 

E identifícate (se queres)

nome:
clave (si es un usuario rexistrado):

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

 

 

 

Atrás.

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal