>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VI Xornadas de cultura mariñeira en Muros
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 7 / 10 )





O programa das actividades das Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” trata de recoller unha oferta equilibrada en catro días de exaltación da nosa cultura. As diferentes actividades tratarán de dar cabida aos diferentes sectores de público e aos diferentes aspectos da cultura mariñeira.


O programa das actividades distinguirá dous espazos claramente definidos, por un lado o MAR e por outro a TERRA:


O MAR, medio imprescindible para programar as actividades, xa que as xornadas xiran aos redor deste, no que destacamos actuacións como: cursos de navegación, regatas, concetración de embarcacións tradicionais, certames de pesca, saídas cara a outros portos do municipio...


Mentres na TERRA a programación caracterizarase pola diversificación e pola atención aos diferentes públicos e intereses, contando con: exposicións, obradoiros, mercado tradicional, concertos, funcións teatrais, charlas, roteiros, degustacións...





“MUROS MIRA AO MAR” 2010

8 - 11 de XULLO, MUROS


ANTES DAS XORNADAS:

Luns, 5 de xullo: inauguración das exposicións

Do luns 5 ata o venres 9: Iniciación á vela tradicional na dársena de Muros


XOVES, 8 DE XULLO

18.30 h. Pasacalles

18.30 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na praia do Castelo

19.00 h. Apertura oficial das xornadas, no Centro San Xosé

19.15 h. Debate no Centro San Xosé: “Mar e Mercadorías”

21.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, no Curro da Praza

21.30 h. Teatro de rúa: Gostoso Pá, itinerante


VENRES, 9 DE XULLO

11.00 h. Pasacalles

11.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, no Curro da Praza

18.30 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na praia do Castelo

18.30 h. Pasacalles

18.30 h. Apertura do Mercado Mariñeiro

19.00 h. Debate no Centro San Xosé: “O Patrimonio Marítimo”

21.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na Carpa Mariñeira

21.30 h. Teatro de rúa: Pista Catro con “Circo Expreso”, no varadoiro

23.30 h. Concerto: Os Cuchufellos, no Curro da Praza


SÁBADO, 10 DE XULLO

11.00 h. Concentración e navegación das embarcacións tradicionais

11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro e obradoiros

12.00 h. Pasacalles

12.30 h. Animación no mercado: “Os Piratas Chascóns”

13.00 h. O. Teatro de Muros con “O Bautismo de Aquilino”, na Pr. do Mercado

18.00 h. Concentración e navegación das embarcacións tradicionais

18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro

18.00 h. Animación no Mercado: “Chirinos e Chanfallas”

19.30 h. Animación no Mercado: “Deuses do Mar”

19.30 h. Pasacalles: Os Tabernícolas do Leiradal

20.30 h. Teatro de rúa: Mago Teto con “O Afiador”

21.30 h. Teatro de rúa: Os Quinquilláns con “Arrieiros”

22.30 h. Animación no Mercado: “Os Monstros Mariños”

23.30 h. Concerto: Bonovo, no Curro da Praza


DOMINGO, 11 DE XULLO

11.00 h.Concentración e navegación das embarcacións tradicionais

11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro e obradoiros

12.00 h. Pasacalles

13.00 h. O. Teatro de Muros con “O Bautismo de Aquilino” na Pr. do Mercado

18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro

18.00 h. Animación no Mercado: “Deuses do Mar”

18.30 h. Entrega de premios dos concursos

18.45 h. Encontro Coral de Cantos Mariñeiros no Curro da Praza

19.30 h. Animación no Mercado: “Piratas Contistas”

20.00 h. Festival folclórico. Galanía de Muros

22.00 h. Animación no Mercado: “Akelarre de Meigas”


EXPOSICIÓNS (de 11h a 13h e de 19h a 21h)

- No Muíño de Mareas do Pozo do Cachón

Marabilla Soa, mostra de artesanía

- No Centro San Xosé

“Motores Mariños en Movemento, Patelo” de José Mª Hermo

“O Mar da Memoria” do Museo do Mar de Galicia

“Reordenación da dársena interior”, de Portos

- No Centro Social

Fotografías de M. Longueira: “Xente no medio e memoria do IX Encontro”

- Na Fundación Comarcal

Cunchas de J. M. Porrúa e maquetas de Xubimar

Concurso de fotografías



DEBATES (no Centro San Xosé)

- Xoves ás 19.15 h.: “Mar e Mercadorías” coa intervención de: Afonso Touceda, Proxecto Amorodo.
Antonio Portomuíños, Usos Alimenticios das Algas.
Óscar Santamaría, A Orella de Mar.
Coordina: Maika González García

- Venres ás 19.00 h.: “O patrimonio marítimo, embarcacións e navegación,
museos do mar...”
coa intervención de: Víctor Fernández, presidente da F.G.C.M.F. Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia.
Uxío Allo, secretario da F.G.C.M.F. Coordina: Mar de Muros

OBRADOIROS (de 11h a 13h e de 19h a 21h)

- Nas prazas do Cristo e do Mercado e na Porta da Vila

Mostra do secado do congro, afumado da sardiña, reprodución dunha cociña e dunha taberna tradicional, cestaría,
sancosmeiros, pan, cabullaría, ferraría e encaixe

- No Mercado Mariñeiro

Cerámica

- Na Pescadería Vella

Carpintaría de ribeira

- No Chalón

Mostra e obradoiro de Xogos Tradicionais (de 11.30 h. a 13.30 h.)

- Na praia do Castelo

Faluchos (horario: dende as 18h00)

- Na rúa Ancha

Mostra do Cascallo


VISITAS TURÍSTICAS GUIADAS (inscrición previa na Oficina de Turismo)

- Galicia Seadventure. Ruta do Mexillón: ás 12.00 h. e ás 18.00 h., de venres a
domingo

- Casco antigo: ás 11.30 h. e ás 17.30 h.

- Moita vida no areal, ás 19.30 h., sábado e domingo


CONCURSOS

- De venres a domingo: I Certame de Tapas e Petiscos. 12.00 h a 14.30 h

- De venres a domingo: I Certame de Ambientación Mariñeira

- Sábado e domingo. VI Concurso de pesca a flote. 6.00 h a 13.00 h


NAVEGACIÓN

- Iniciación á vela tradicional na dársena de Muros. Inscrición previa na Casa de
Cultura.

Concentración e navegación das embarcacións tradicionais, sábado e domingo. Mañá e tarde.


CARPA MARIÑEIRA

Aberta de 12.00 h - 15.30 h e de 19.30 h - 23.30 h




- Muros- Cuchufellos- Bonovo- Banda Potemkin -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal